Envía a túa opinión
Os orzamentos da Xunta de Galicia obedecen á “austeridade selectiva do PP” segundo manifestou esta mañán en Ferrol o parlamentario do BNG, Fernando Branco Parga, quen valorou xunto coa candidata Jéssica Fernández, as contas do goberno autonomo no 2012 para Ferrolterra. Os nacionalistas concluen, trala análise dos orzamentos galegos, que seis concellos da comarca non recibirán nen un só euro da Xunta de Galicia. Por outro lado nos investimentos non figura ningunha previsión de gasto para o Dique Flotante de Navantia, segundo denunciou Fernando Branco.
Envía a túa opinión
Unha chamada oculta lévanos a Cedeira xa esta fín de semana. A Festa do Samaín de Cedeira cumpre 23 anos. Alí recuperaron a tradición de tallar as cabazas na véspera do dia de defuntos. Carlos Labraña, da Asociación de Amigos do Samaín, explica as orixes deste costume noso que nada ten que ver co halloween americano. O programa da festa comeza o venres coa elaboración dos colares de zonchos e o tallado das cabazas.
Envía a túa opinión
Na outra banda do mar constrúen o navío: o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben que están a construír a torre de cristal da miña infancia.Os versos de Antón Avilés de Taramancos sirvenlle a Jose María de Juan-García Aguado para resumir de xeito poético o asombro pola fabricación de barcos de madeira no seu libro A carpintería de ribeira en Galicia (1940 - 2000).
Envía a túa opinión
Novas alternativas máis alá das orquestras, misas e procesións. Esa é a teima da asociación cultural O Abordelo de Monfero. Intentan cubrir un oco, dado que nun concello como Monfero a programación cultural institucional é inexistente.
Envía a túa opinión
27 poemarios aspiran este ano ao premio de poesía Xosémaria Pérez Parallé, que consistirá na publicación do gañador na editorial Espiral Maior. O xurado do Premio de Poesía Pérez Parallé reuniráse dentro dunha semana, o 28 de outubro para fallalo nos locais do CMI Unidade de Fene.