Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O alcalde de Cospeito, Armando Castosa e o Vicerector da USC do Campus de Lugo, Carlos Herrero, cortan a cinta de entrada da Moexmu

As vodas de prata da Moexmu xa están en marcha

Sociedade 03/04/2009
  Envía a túa opinión

O vicerector do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, Carlos Herrero e o alcalde de Cospeito, Armando Castosa foron os encargados de inaugurar oficialmente a XXV Edición da Mostra Exposición Muimenta (MOEXMU). O acto, que daba a saída a este importante evento dentro do mundo agrogandeiro galego, comezaba contra as 19.00 horas. Sen embargo, o punto forte desta primeira xornada foi o pregón a cargo de Manuel Vila López, cofundador da Sociedade Deportiva Muimenta e da Asociación Cultural “Aquilino Iglesias Alvariño, que foi a primeira institución organizadora da Moexmu en 1985.


Modesto Toubes no despacho da queixería CasLeiras

Modesto Toubes, xerente da Queixería CasLeiras: “O que quere o mercado son produtos de calidade”

Sociedade 03/04/2009
  Envía a túa opinión

Modesto Toubes, responsable da Queixería CasLeiras, fala coa propiedade de quen sabe e desfruta facendo o seu traballo. A súa xuventude como persoa e como empresa, non en van Cas Leiras leva 2 anos e medio como produtor dun dos grandes manxares galegos, non foi impedimento para levar aos seus queixos mais alá das fronteiras da Serra do Xistral. Os seus produtos mesmo cruzaron o Atlántico para situar ao mercado estadounidense como un dos seus principais ámbitos de venda.


Os integrantes do Forum Euro-Latinoamericano di Torino na Fundación Sotavento

O Forum Euro-Latinoamericano Di Torino visita Sotavento

Sociedade 03/04/2009
  Envía a túa opinión

Mais de 30 integrantes do Forum Euro-Latinoamericano di Torino, que se está a desenrolar estes días e remata hoxe en Santiago de Compostela, visitaron as instalacións da Fundación Sotavento Galicia. A cita formaba parte do programa da 2ª Conferencia deste Forum, organizada baixo o lema “Sistemas regionales de innovación: de la visión a la realidad” e permitiu aos visitantes coñecer os últimos proxectos de investigación e innovación tecnolóxica no campo das enerxías renovables.


Imaxe aérea do Polígono de Sete Pontes

Sete Pontes analizará a eficiencia dos Polígonos Industriais de Galicia

Sociedade 02/04/2009
  Envía a túa opinión

A eficacia dos Polígonos Industriais galegos será o tema principal da charla informativa programada pola Asociación de Empresarios Sete Pontes, que se realizará na sede da devandita Asociación o vindeiro luns 6 de abril ás 19.00 horas. Esta xornada contará coa participación da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) e do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).


Imaxe do stand que a Mancomunidade levará á Moexmu

A Moexmu acolle a inauguración da web da Mancomunidade da Terra Chá

Sociedade 02/04/2009
  Envía a túa opinión

A Moexmu foi o espazo elixido para inaugurar a nova páxina web da Mancomunidade da Terra Chá, www.mancomunidadeterracha.com. O stand desta institución supramunicipal, instalado no recinto da XXV edición desta feira, disporá dunha pantalla táctil na que se poderá acceder á páxina, que estará dispoñible para todos os internautas desde mañá venres.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros