A Corporación de Fene aprobou os criterios e as actuacións a incluir no Plan de Obras e Servizos da Deputación. Os votos do PP, PSOE e Somos Fene (12) respaldaron unha moción urxente que contou co voto negativo da concelleira de Esquerda Unida e a abstención dos 4 edís do BNG. Segundo os promotores da iniciativa, todas as obras son importantes e necesarias, pero algunhas son máis urxentes que outras. Completar a auga e os saneamentos, eliminar verquidos á ría, ampliar instalación deportivas, incluir obras en todas as parroquias e homologar as áreas de recreo infantís dacordo coa lexislación vixente, serán os criterios a empregar. A proposta acusa ao goberno de Fene de terxiversar a información sobre as reunións realizadas.
O Colexio A Xunqueira de San Valentin participará de novo no concurso de robótica First Lego League. Dous grupos de Segundo da ESO competirán nas tres probas. Un robot deseñado e programado no centro terá que superar unha serie de atrancos. En canto a proxectos científicos sobre “Os aliados dos animais” presentarán a iniciativa dunha bolsa deseñada para que as persoas invidentes poidan recoller os excrementos do seu can – guía.
A intranquilidade percorre a barriada de San Valentín en Fene polos cambios nas oficinas de Abanda, e a posibilidade de peche da sucursal da entidade. A subdirectora da Oficina Ana de Castro indicou a Radio Fene que a medio prazo Abanca traballa coa posibilidade de integración das oficinas de San Valentin e da avenida Naturais de Fene, pero que esa medida non ten data. Sí se unificará desde o luns a dirección das duas sucursais.
Unha árbore caeu esta mañá no camiño do colexio Os Casais de Maniños. A árbore interrumpia a circulación de acceso ao centro educativo, polo que o autobús escolar, vehículos de profesores e das familias tiveron que acceder ao colexio por outro camiño. Arredor das dez da mañá restableceuse a normalidade, segundo informa a Policia local de Fene.
O executivo formado polo BNG e IU no Concello de Fene agarda concretar antes da fin de semana o listado de proxectos que se financiarán con cargo ao Plan Único de Concellos POS+ da Deputación. O alcalde, Juventino Trigo, contactou cos grupos da oposición para xuntárense mañá xoves tralo pleno ordinario de febreiro co obxectivo de chegar a un acordo sobre as obras elixidas. Nos últimos días houbo varios encontros nos que, segundo o rexedor, quedou patente a coincidencia das cinco formacións “na maioría dos investimentos” propostos inicialmente polo goberno. Porén, tal e como asegurou Trigo, o acordo non é total debido á diferenza de pareceres sobre a posibilidade formulada por PSOE e PP de construír dúas pistas de pádel en terreos do CMI Unidade de Fene. Para o goberno local esta infraestrutura non sería unha actuación “prioritaria nestes momentos”, mentres que populares, socialistas e incluso Somos Fene estarían condicionando o seu apoio ao POS+ a que as canchas sexan incluídas na lista de obras urxentes financiadas con fondos provinciais.