Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

María José Caride durante a súa visita ás obras do tramo Cabreiros-Vilalba da AG-64

Caride asegura que a AG-64 entre Ferrol e Vilalba estará rematada en outono

Sociedade 25/03/2009
  Envía a túa opinión

Outono de 2009 é o tempo manexado por Política Territorial para que os usuarios chairegos poidan viaxar desde Vilalba ata Ferrol por autovía, segundo se desprendeu das declaracións que a conselleira, María José Caride, fixo hoxe durante a súa visita ás obras que se están a levar na parroquia de Santaballa. O último treito da autovía AG-64 entre Cabreiros e a capital da Terra Chá marchan segundo as previsións establecidas. Caride adiantou que na actualidade hai un 52% do total da obra completado, comprendendo mais do 70% do movemento de terras, e todas as obras de pasos inferiores e drenaxes finalizados.


Máis de 12.000 gandeiros xa teñen o anticipo por vacas nutrices

Medio Rural abónalles a máis de 12.200 gandeiros un anticipo da prima por vacas nutrices por valor de 11 millóns de euros

Sociedade 25/03/2009
  Envía a túa opinión

A Consellaría do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), transferiu, nos últimos días, o anticipo da prima por vaca nutriz. 12.194 gandeiros foron os beneficiados desta acción, que ten un importe total de 11.119.291 euros. Os produtores lucenses, 6.269, recibiron máis da metade do investimento total, xa que obtiveron primas por valor de 6.931.574, cifras que significan máis do 51% dos gandeiros e máis do 62% do importe pagado.


Praza de Santa María

O venres 27 terá lugar a Asemblea Anual da Asociación de Veciños da Praza de Santa María de Vilalba

Sociedade 25/03/2009
  Envía a túa opinión

A Asociación de veciños da Praza de Santa María e Entorno de Vilalba convoca a todos os seus socios á Asemblea Ordinaria Anual o venres 27 de marzo a partir das 20.00 horas. O lugar da reunión será a Casa de Cultura de Vilalba. A primeira convocatoria será ás 20.00 horas mentres que a segunda dará comezo ás 20.30 horas do serán.


Encoro de Belesar

Medio Ambiente contesta ao BNG sobre os expedientes dos aproveitamentos hidroeléctricos da conca Miño-Sil

Sociedade 24/03/2009
  Envía a túa opinión

188 expedientes de concesións ou ampliacións de aproveitamentos hidroeléctricos na conca do Miño-Sil en territorio galego resoltos polo Ministerio de Medio Ambiente. Esa foi a resposta do departamento dirixido por Elena Espinosa á pregunta da deputada do BNG, Olaia Fernández Dávila.


A escritora ourensana Ánxeles Ferrer

A Biblioteca Pública de Xermade programa un encontro coa escritora Ánxeles Ferrer

Sociedade 24/03/2009
  Envía a túa opinión

Como parte das actividades que se farán para a celebración do día do libro, o 23 de abril, a Biblioteca Pública de Xermade programou, para o vindeiro mércores 1 de abril, un encontro literario coa autora e ilustradora infantil Ánxeles Ferrer, que ven de publicar o seu libro “Aiko”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros