Envía a túa opinión
Un total de 27 orixinais, catro máis que o ano anterior, concorren á XXIV edición do Premio Nacional de Poesía “Xosé María Pérez Parallé” convocado polo CMI Unidade de Fene coa colaboración do Concello de Fene e a editorial “Espiral Maior”. Rematado o prazo de envio dos orixinais, o xurado reunirase o 2 de novembro no local do CMI Unidade de Fene.
Envía a túa opinión
A inmensa maioria dos estudantes do Instituto de Ensino Secundario de Barallobre sumáronse hoxe á folga convocada polo Sindicato de Estudantes en contra dos recortes na educación. Somentes foron a clase arredor de 30 rapaces do total de 220 que cursan estudios no centro educativo de Fene.
Envía a túa opinión
“ A construcción do dique flotante nos estaleiros da ría de Ferrol está na diana das reivindicacións do naval” Son palabras do presidente do comité de Navantia Ferrol e representante no Comité intercentros do naval, Fernando Sinde, que esta mañán se reunía coa corporación de Fene. O alcalde e o resto da corporación municipal recibíron aos comités de navantia Fene e Ferrol no salón de plenos mentras que uns 3.000 traballadores agardaban concentrados no exterior. É a primeira vez que operarios dos dous centros se manifestaron conxuntamente pola ruas de Fene, segun declarou Sinde na xuntanza.
Envía a túa opinión
A homenaxe ao grupo de gaitas “Raparigos” de Ferrolterra centrará a XXIII Xuntanza de Gaiteiros que a Banda de gaitas tradicional Airiños de Fene organiza cada outono. Celebraráse nas instalacións de Agarimo en Sillobre-Fene o sabado 15 de outubro, ás 20.00 horas.
Envía a túa opinión
O comercio ten que espabilar porque en tempos de crise como este precisa de moita imaxinación. Así é que en Ferrol inventaron a “Ferrol Fashion Night” . Minutos antes das 21.00 horas do venres dia 7, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, dará o chupinazo de saída con fogos artificiais. As tendas saberán que deben abrir as portas para convidar aos clientes a un coctel e un aperitivo antes de tentalos coas novas promocións. 73 comerciantes e hostelerios apuntáronse á iniciativa.