Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 09 de Septembro de 2010

Emisoras > Radio Fene

Información da emisora Novas da emisora

A campaña de extracción da ameixa non decepcionou aos mariñeiros

Remata a campaña da ameixa na ría de Ferrol

Sociedade 13/08/2010
  Envía a túa opinión

A campaña de extracción de ameixa da ria de Ferrol rematou este mediodia.  As capturas de ameixas recuperaronse nestes últimos dias rondando en Barallobre os 300 quilos diarios. O prezo medio da ameixa situouse en 16 euros, con mínimos en 13 e máximos de 18. A ampliación das zonas C nas que non se pode sacar o bivalvo para a venda directa, obrigou a prohibir o marisqueo nas zonas de praia. Tamén o banco das Pias veuse afectado por esta medida. Os 75 mariscadores de a flote da confraria de Barallobre faenaron entón na zona situada entre os Castelos, o porto do Seixo e a punta dos Castros. O pósito continua tamén comercializando con bos resultados a zamburiña da ría. Vendese ao prezo de 7 euros o quilo.


A planta de gas de Reganosa sitúase no interior da ría de Ferrol

A Xunta quere que Reganosa siga sendo galega

Institucional 13/08/2010
  Envía a túa opinión

A xunta de Galicia comunicoulle ó consello de administración de Reganosa a intención de transferir o seu dereito de tanteo a calquera empresa galega que se interese na adquisición do 15% do capital da regasificadora que Caixanova e Caixagalicia poderían vender en breve. A Xunta mostrou o seu interese en que a titularidade da empresa de Mugardos se manteña en mans galegas, polo que pretende que o dereito de tanteo poida ser aplicada non só á Xunta, senón tamén a calquera empresa galega que intente adquirir o capital en venda. O dereito de tanteo permite que aqueles socios que quedan no consello de administración no momento en que outro socio venda accións, poidan adquirir de xeito preferencial o capital que se poña á venda.  Desde o goberno galego aseguran que están traballando para que o 15% de accións de Caixanova e Caixagalicia queden no país, evitando deste xeito que poderían pasar a mans australianas, segundo as primeiras informacións que se manexaron.


Planta de gas de Reganosa

A Xunta quere manter a titularidade galega de Reganosa

Sociedade 12/08/2010
  Envía a túa opinión

A regasificadora de Mugardos, Reganosa, camiña cara á perda da súa galeguidade. Caixa Galicia e Caixanova decidiron xa a súa saída do accionariado da planta de gas da ría de Ferrol. Seguen así as pegadas de Endesa e do Banco Pastor, que fixeron o propio hai dúas semanas. Onte os representantes das caixas no consello de administración da firma comunicaron a súa marcha ao resto de accionistas. A Xunta de Galicia quere manter a capitalidade galega da planta de gas de Mugardos e está a tantear ao empresariado galego para que se faga con parte das accións en venda.


Manuel Polo e Néstor Fernández en Radiofusión

A billarda fai patria en Fene

Sociedade 12/08/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A billarda é un xogo popular que como tantos, por pobre, estivo desaparecido desde hai medio século. Con dous paus pódese conseguir divertimento a esgalla, precisión, habilidade e relacións. Agora é Galiza Nova de Fene quen quere introducir este deporte popular e axeitado para disputar ao aire libre, no concello fenés coa axuda da xente de Cabanas que leva xa unha tempada promocionándoo. 


A canceira inaugurase este venres

Ferrol inaugura a súa canceira municipal

Sociedade 12/08/2010
  Envía a túa opinión

Mañá inaugurarase a canceira do Concello de Ferrol, que acollerá a 40 cans e tamén cabalos. O proxecto, que comezou hai 8 anos, pasou por diferentes gobernos municipais, e a pesar de que está rematado desde o 2003 a súa apertura non se produciu ata agora, xa que nun primeiro momento esta construción fora rexeitada por falta de luz e auga propias. Chegouse incluso, a plantexar a posibilidade de construir outra canceira noutro punto do Concello e deixar estas instalacións para unha planta de reciclaxe. Agora, a un día da inauguración, o concello non descarta que o número de cans atendidos ascenda de xeito considerable, superando en breve os 15 que están sendo atendidos polo Concello nunhas dependencias cedidas pola Armada.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -194 -195 -196 -197 -198 -199 -200 -201 -202 -203 -204 -205 -206 -207 -208 -209 -210 -211 -212 -213 -214 -215 -216 -217 -218 -219 -220 -221 -222 -223 -224 -225 -226 -227 -228 -229 -230 -231 -232 -233 -234 -235 -236 -237 -238 -239 -240 -241 -242 -243 -244 -245 -246 -247 -248 -249 -250 -251 -252 -253 -254 -255 -256 -257 -258 -259 -260 -261 -262 -263 -264 -265 -266 -267 -268 -269 -270 -271 -272 -273 -274 -275 -276 -277 -278 -279 -280 -281 -282 -283 -284 -285 -286 -287 -288 -289 -290 -291 -292 -293 -294 -295 -296 -297 -298 -299 -300 -301 -302 -303 -304 -305 -306 -307 -308 -309 -310 -311 -312 -313 -314 -315 -316 -317 -318 -319 -320 -321 -322 -323 -324 -325 -326 -327 -328 -329 -330 -331 -332 -333 -334 -335 -336 -337 -338 -339 -340 -
Publicidade

Axenda

Concerto de Arizona Baby & Friends
10/09/2010 - 22:30
Sala Le Club de A Coruña
Representación de Master Class en A Coruña
10/09/2010 - 21:00
Teatro Rosalía de Castro
O humor de Noites de Retranca en A Coruña
10/09/2010 - 20:30 e 22:30
Teatro Colón Caixa Galicia
We Have Band e Norton en Pontevedra
09/09/2010 - 23:00
Sala Karma
Concerto de Jackelberrys en O Burgo (A Coruña)
09/09/2010 - 22:30
Fórum Celticum
Nut Teatro presentan “Wake Up” no Fetega
09/09/2010 - 22:30
Multifuncional de O Carballiño
Damien Jurado actúa en Ourense
09/09/2010 - 22:00
Café & Pop Torgal
Munich e Igloo en Vigo
09/09/2010 - 22:00
La Fábrica de Chocolate Club
Festival Internacional de Curtametraxes en Bueu (FicBueu)
09/09/2010 - 21:30
Centro Social do Mar
Concerto en Compostela de Mercedes Peón
09/09/2010 - 21:00
Teatro Principal
Pecha no Cebreiro o ciclo “Camiños en danza”
09/09/2010 - 20:00
Campo da Festa

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros