Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Debuxando melodías

Funkegraffiti, a música debuxada de Álvaro Muras

Sociedade 13/05/2011
  Envía a túa opinión

O Polideportivo de Ordes albergará mañá sábado, ás 21:30 horas, Funkegraffiti, un proxecto de graffiti e música funk en directo. A música correrá a cargo do grupo de Álvaro Muras e contará ca colaboración do graffiteiro Xan Eguía. A proposta enmárcase na programación Noites Psicoeducativas do Programa Faro do Concello de Órdes. A entrada é de balde.


As clases comezaron esta semana

As obrigas laborais do pequeno empresario

Sociedade 12/05/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes puxo en marcha esta semana un curso dirixido a autónomos e desempregados. Nesta ocasión trátase dun curso sobre xestión laboral e tributaria básica. A duración do mesmo será de 120 horas, e as clases rematarán o vindeiro 20 de xuño.


A mellor música tradicional da banda ordense soará este sábado

Noites de Tascas de Os Viqueiras

Sociedade 12/05/2011
  Envía a túa opinión

O grupo de música tradicional Os Viqueiras de Ordes presentará o sábado día 14 de maio o seu primeiro traballo discográfico, nun acto que terá lugar a partir das 20 horas na Casa da Cultura de Ordes.


Ráchase co mito “para divertirse hai que consumir alcol”

44 rapaces e rapazas participaron na primeira das Noites psicoeducativas

Sociedade 10/05/2011
  Envía a túa opinión

Esta fin de semana deu comezo a segunda edición das Noites do Programa Faro, financiadas pola Deputación e organizadas polo Concello de Ordes, a través da Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade que dirixe José Manuel Tobío. Corenta e catro rapaces e rapazas entre 12 e 18 anos participaron nas actividades programadas na noite do sábado, rachando co mito de que para divertirse hai que consumir alcol.


Percorreron o roteiro do río Mercurín

Xornada de convivencia entre escolares ordenses e de Carril

Sociedade 09/05/2011
  Envía a túa opinión

O Alumnado de 4º da ESO do IES “Miguel Ángel González Estévez” de Carril visitou o pasado venres o municipio ordense para percorrer da man do IES Nº 1 de Ordes o Roteiro do Río Mercurín. Un roteiro que o Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Ambiente, deseñou e acondicionou empregando materiais propios da zona, como madeira de carballo e de castiñeiros e sen aplicar produtos prexudiciais para o medio ambiente.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros