Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A conselleira de Traballo e o reitor da USC presentaron MiAvizor

MiAvizor, un novo servizo de seguimento para persoas maiores do rural

Sociedade 16/09/2012
  Envía a túa opinión

Definido como o sistema de teleprevención proactiva máis completo de Europa, MiAvizor é unha aplicación deseñada pola Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario (PsiCom) da USC que se vai implantar nos vindeiros anos en 500 fogares de preto de 150 concellos das provincias de Lugo e Ourense. Esta iniciativa desenvolverase da man da Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta. MiAvizor é a denominación da aplicación deseñada por PsiCom e que será a base deste servizo integral de teleprevención sociosanitaria para persoas que viven soas. Trátase dun sistema intelixente composto por uns sensores sen fíos instalados no fogar, que analiza de forma autónoma e automática a rutina da vida diaria dunha persoa, chegando a establecer perfís e hábitos de vida que se utilizan para o seguimento e monitorización da persoa maior no fogar.

 


Antón Baamonde

Os recortes de Rajoy agudizaron a recesión

Sociedade 28/08/2012
  Envía a túa opinión

"A Rajoy interésalle a coincidencia das eleccións galegas e vascas", afirmou esta mañá en Radiofusión o filósofo Antón Baamonde. "O goberno de Feijóo non soubo deseñar políticas de estímulo orientadas ao crecemento e os recortes na sanidade e na educación son moi similares ás das restantes comunidades autónomas" salientou o escritor de Vilalba.


Mero, Xosé Luis Bóveda e Mini

Labrado da miña man

Cultura 18/08/2012
  Envía a túa opinión

A Fundación Alexandre Bóveda concedeu o Premio Galiza Mártir ao duo de cantautores da Terra Chá Mini e Mero. "Nós imos montados nun carro, e vós, o noso público, sodes os que tirades del" responderon emocionados os músicos nun acto celebrado no Pazo da Cultura de Pontevedra. "Labrado da miña man, fixen coa miña navalla, un aradiño de pau" reza un poema de Manuel María musicado por Mini e Mero.


Fotografia: viajaresunreflejodelplacer.blogspot.com

Do Piornedo a Nova York

Cultura 14/08/2012
  Envía a túa opinión

Soñábamos cun mundo mellor. Decidimos facelo realidade. A construción dunha comuna en 1976 protagoniza a película de Ignacio Vilar Vilamor. A longametraxe promocionase esta semana en Nova York pero tamén se proxecta esta noite no Piornedo, a aldea máis emblemática da serra dos Ancares.


O evento está organizado pola Asociación Cultural Eme de Meira

Meira acolle unhas olimpíadas rurais

Cultura 28/07/2012
  Envía a túa opinión

A Asociación Cultural Eme de Meira organiza nesta xornada de sábado un conxunto de actividades pensadas para todos os públicos e articuladas como unhas olimpíadas rurais baixo o xogo de palabras de CoolMeira (alusivo á denominación que a tamén chamada forcada, forquita ou galleta ten na zona). A entidade pon en marcha, desde hai cinco anos, un festival de verán, denominado este ano como Espontáneas 5.0, co que tratan de pór en valor o patrimonio material e inmaterial de Meira e a cultura galega.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros