Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Suso Vaamonde

Coa súa palabra de esperanza o sentimento de home ceibe

Sociedade 16/02/2015
  Envía a túa opinión

Suso Vaamonde, cantautor galego, morreu en Vigo o dezaseis de febreiro do 2000. "A pesar da súa voz potente e moi persoal, a pesar do seu xeneroso entusiasmo musical, a pesar dos seus centos e centos de recitais, a maior parte reivindicativos e cívicos, Suso Vaamonde non pasará á historia da música galega polo seu virtuosismo coma intérprete. A súa contribución foi outra, a indispensable do pioneiro, a daquel que foi abrindo camiño enfrontándose a todos os perigos do descoñecido, tentando abrir públicos novos e diferentes para a música en galego" afirmou en 2010 Manuel Bragado.


Brais e Marta son A Tropa de Trapo

Os contos que verdadeiramente contan

Cultura 30/01/2015
  Envía a túa opinión

Marta Ortiz e de Brais das Hortas son A Tropa de Trapo. Servíndose de voz e instrumentos levan anos fascinando con historias a nenas, nenos e non tan pequenos de aquí e acolá, con paradas especiais na rede de municipios que fan parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Porque nas historias da Tropa de Trapo hai tamén sintonía cos mesmos propósitos do Fondo: hai historias de entendemento entre culturas ou idades, de mestura, de colaboración, de aproximación ao denominador común humano de todas e todos. Durante o pasado ano xiraron por unha vintena de concellos e aínda tiveron tempo de ir argallando un novo espectáculo, "O ritmo do camiño".


Alberto Núñez Feijoo

A voltas coa corrupción

Sociedade 28/01/2015
  Envía a túa opinión

"Preocúpanos que hoxe non asuma compromisos máis firmes" espetoulle o voceiro parlamentar do PSdeG PSOE José Luis Méndez Romeu ao presidente da Xunta no transcurso da súa comparecencia na Cámara para falar da corrupción na política. "Se quere dar un impulso democratico, ¡váiase, señor Núñez" indicou o voceiro de AGE Xose Manuel Beiras, despois de lembrar a fotografía de Feijóo co narco Marcial Dorado. "A loita contra a corrupción non se predica, aplícase" afirmou o deputado do BNG Francisco Jorquera no Hórreo.


Imaxe do proxecto Home Galicia en Santiago

Axudas ao desenvovlemento cultural dos concellos

Sociedade 15/01/2015
  Envía a túa opinión

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de subvencións dirixida a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas, con personalidade xurídica propia, así como a agrupacións de concellos para o equipamento e mellora das súas instalacións destinadas á realización de actividades culturais.


Uxía Senlle en Radio Fene

Novos vagóns de Maria Fumaça chegan a Vigo

Sociedade 21/12/2014
  Envía a túa opinión

A música revélase como unha ferramenta de gran utilidade á hora de achegar a rapazada ao idioma galego. Lograo con éxito María Fumaça, agora coa súa nova versión "Xiqui Xoque Fiu Fiu". Uxía capitanea unha nave chea de solidaridade coa diferencia pero tamén de alegría. A versión completa do espectáculo chega este luns ao Auditorio Mar de Vigo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros