Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

O PP desvínculase das acusacións achacando estes comportamentos ao anterior goberno de Touriño

A conselleira de Traballo sospeitosa de dar a dedo traballos a persoas relacionadas na Operación Orquestra

Institucional 17/06/2011
  Envía a túa opinión

As sospeitas sobre tráfico de influencias tamén atinxen á conselleira de Traballo, Beatriz Mato. Segundo o sumario da Operación Orquestra contra a corrupción en concellos da Costa da Morte, o alcalde de Fisterra tería reclamado a intercesión de Mato para buscarlle un posto de traballo fixo no xeriátrico de Vimianzo á moza de Daniel Ogando fillo.


Máis publicidade a costa do futuro dos mariscador@s

“A Xunta despilfarra 3 millóns de euros en campañas de publicidades mentres suprime o seguro colectivo”, denuncia o PSdeG

Institucional 16/06/2011
  Envía a túa opinión

“A Xunta deixa desprotexidas a 30.000 persoas e, co aforrado, quere facer lanchóns para a extracción de áridos, despois de rexeitar a defenestrada idea de facer unha Goleta de 2 millóns de euros”. Son palabras emitidas onte no parlamento galego pola portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira. A deputada socialista reclama explicacións sobre as consecuencias da supresión do seguro colectivo de accidentes no mar e as actuacións previstas pola Consellería do Mar ao respecto. Ademais lembrou a peregrina proposta do Presidente de Portos de Galicia, en campaña electoral, na que asegurou que ía construír un Porto en Cereixo (Vimianzo). Soneira dixo que “desde a época dos fenicios non subiu barco algún por aquela parroquia”.


As latas da marca Grandes Hoteles foron adquiridas ao chou en supermercados

Os responsables da conserveira Thenaisie-Provoté ante a xustiza polo uso de mexillón fraudulento

Sociedade 14/06/2011
  Envía a túa opinión

No mercado volveron aparecer conservas de mexillóns presentadas fraudulentamente como produto das rías galegas. Trátase das latas da marca Grandes Hoteles, producidas pola conserveira Thenaisie-Provoté, con sede na localidade pontevedresa de Mos, e cuxos responsables foron chamados a declarar este próximo xoves, día 16, no Xulgado de Instrución número 3 de O Porriño, que admitiu a trámite a querela criminal do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia.


Adega convida á cidadanía para facer dos nosos océanos uns entornos mais limpos

Para un futuro mais verde, os océanos contan contigo

Sociedade 06/06/2011
  Envía a túa opinión

Baixo este lema celébrase, este mércores 8 de xuño, o Día Mundial dos Océanos. Co gallo desta data, ADEGA xunto coa CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) e a Federación Galega de Surf  desenvolverán na praia do Ancoradoiro (Muros) varias actividades sobre os impactos da grande cantidade de lixo antrópico que vertemos aos océanos. Visitarán o ecosistema dunar e farán unha limpeza selectiva da praia. Pola tarde membros da CEMMA ensinarán os pasos a seguir para atender ao varamento dun cetáceo.


Ecoloxistas e pescadores convocan unha manifestación en defensa da ría de Muros-Noia

Eduardo Carreño: “As gaiolas de salmón destruirán máis postos de traballo dos que crearán”

Sociedade 04/06/2011
  Envía a túa opinión

Coas rías non se xoga vai ser o lema da manifestación que a Coordinadora en Defensa da Ría de Muros e Noia vai desenvolver coincidindo coa celebración este domingo do Día Mundial do Medio Ambiente entre a praza do Concello de Muros e a praia de San Francisco. Corenta colectivos, entre eles as catro confrarías de pescadores do lugar, marcharán contra a instalación de gaiolas para o cultivo intensivo e en cativerio de salmón na boca da ría. Alegan que experiencias semellantes en Chile resultaron prexudiciais para o leito mariño, as augas e a biodiversidade porque os peixes da acuicultura aliméntanse con produtos que conteñen “vitaminas e menciñas”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros