Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Sesión da asemblea de ANova Irmandade Nacionalista

Xurde Anova Irmandade Nacionalista

Sociedade 14/07/2012
  Envía a túa opinión

"A mobilización da cidadanía é a que pode romper con toda esta morralla que nos esmaga" manifestou Xosé Manuel Beiras no acto de constitución de "Anova Irmandade Nacionalista". A asemblea elexiu ese nome nunhas sesións que comezaron a primeira hora da mañá no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.


Francisco Xosé López e María Dolores Candedo

Ferramentas para dar escola en galego

Sociedade 10/07/2012
  Envía a túa opinión

A cooperativa popular de ensino Avoaescola comeza cos seus primeiros pasos como ferramenta para dar escola en galego. Esta mañá, a asociación Galiza co galego -impulsora da cooperativa- asinou un convenio de colaboración coa entidade pedagóxica Nova Escola Galega.


Cardeal Gomá, primado da Santa Sé durante a Guerra Civil española

Gomá e o transfundo da Guerra Civil: “En Roma non nos entenden”

Sociedade 08/07/2012
  Envía a túa opinión

Un dos documentos máis relevantes da historia recente do episcopado español cumpriu 75 ano a pasada semana. Os bispos españois subscribiron con data do 1 de xullo de 1937 a carta colectiva a prol do alzamento militar das tropas de Franco. O encargo dese texto asumiuno o primado da Santa Sé en España, o cardeal Isidro Gomá y Tomás. O sacerdote ao que se deu en considerar un dos artífices do nacional-catolicismo español, non só gardou ese documento, senón moitísimos outros custodiados en Toledo e que veñen de ser editados e recompilados nunha monumental obra bibliográfica de 13 volumes co título “Archivo Gomá. Documentos de la Guerra Civil”. O traballo,que permite unha achega aínda máis detallada ao conflito e os seus efectos posteriores, foi presentado xa en Roma e Madrid, e chegou agora a Galicia. Un dos seus coordinadores, o investigador do CSIC Antón Pazos, explicou en Radiofusión que nos papeis consultados advírtese a tensión, durante a guerra, “entre os que querían facer un Estado de corte fascista, con influencias nazis, e os que querían un máis tradicional católico, á fronte do cal estaría o cardeal Gomá”. Pazos sintetiza así o pensamento da curia española supervisada polo relixioso catalán fronte ás críticas internacionais á “cruzada” franquista : “A mentalidade de Gomá era sempre:  'En Roma non nos entenden'”.


Actuación de Björk en Marrocos

Única oportunidade de ver a Björk en Galicia

Sociedade 19/06/2012
  Envía a túa opinión

Björk regresou este venres aos escenarios coa súa voz totalmente recuperada e ofrecendo un vibrante concerto,un anticipo do espectáculo que ofrecerá o vindeiro día 22 a partir das 22:30 horas na praza exterior da Cidade da Cultura de Galicia. Tras verse obrigada a suspender a súa xira por problemas na súa voz, o esperado regreso da artista islandesa tivo lugar este venres no Festival de Músicas Sacras celebrado en Fez (Marrocos) onde volveu dar mostra do poderío dunha voz tan única como particular, que acompañou dun coro formado por trece persoas e un completo espectáculo visual e sensorial que trasladará o 22 de xuño á Cidade da Cultura de Galicia.


Loaira

O son novo e versátil de Loaira

Sociedade 12/06/2012
  Envía a túa opinión

Clara Pino (arpa celta e voz), Rubén Abel (guitarra) e Roi Adrio (percusións) achegan a súa destacada bagaxe profesional, tanto no ámbito da música clásica como no da folk, a un proxecto conxunto no que apostan pola música de autor e pola procura de sons novos e versátiles que, porén, beben directamente da música tradicional galega. Deste xeito e partindo das raíces, o trío ofrece unha mestura de ritmos e melodías que van desde o swing ata a bossa nova, pero recalan tamén na música de reelaboración en temas como Alalá do vikingo. Este xoves actuan no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros