Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Detido na Coruña un home pola morte dunha muller que viaxaba con el nun coche

Sociedade 30/04/2014
  Envía a túa opinión

Un home de 46 anos foi detido na madrugada deste mércores na Coruña pola morte dunha muller que viaxaba con el nun coche, segundo informaron fontes da Policía Nacional, que confirmaron que se está investigando se se trata dun caso de violencia de xénero. Axentes da Policía Nacional, en colaboración cun garda civil fose de servizo, procederon ao arresto.


José Luís Méndez é un dos directivos denunciados

Denuncian á cúpula de Nova Caixa Galicia polas preferentes

Sociedade 28/04/2014
  Envía a túa opinión

"A operación das preferentes foi planificada polas direccións de Caixa Nova e Caixa Galicia". Esa é a tese que esta mañá espuxo o dirixente da CIG Banca, Clodomiro Montero, e que leva ao sindicato nacionalista a presentar unha querela criminal contra os equipos directivos das antigas caixas, como responsabeis dun suposto delito de estafa.


Os libros de García Márquez, moi demandados estes días

23 de abril. Cita a cegas co libro

Sociedade 21/04/2014
  Envía a túa opinión

A Biblioteca Provincial, dependente da Deputación da Coruña, organiza toda unha serie de actividades o mércores 23 para celebrar o Día Internacional do Libro. Entre elas destaca a biblioteca móbil, unha iniciativa que sairá á rúa para acercarse aos usuarios e dar a coñecer os servizos que ofrece o centro durante todo o ano. Ademais, o centro organiza tamén unha “cita a cegas” cos libros na que os usuarios poderán elixir un préstamo sorpresa no recuncho preparado para esta actividade. Así, os lectores que o desexen poderán levarse durante a xornada do mércores un libro empaquetado do que descoñecerán o titulo.


Xosé Ramón Barreiro diante do Monumento aos Mártires de Carral

O pronunciamento que se transformou nun proxecto colectivo

Sociedade 19/04/2014
  Envía a túa opinión

O dous de abril de 1846 un grupo de militares progresistas inicia en Lugo un pronunciamento contra o goberno conservador de Narvaez. Pero os galeguistas ou provincialistas van asumir a "trama civil" do golpe. A asonada remata co fusilamento de doce militares en Carral e iso vai convertirse na semente dun importante proxecto colectivo.


Chelo Facal expón no Colexio Médico da Coruña

A telleira de Chelo Facal

Sociedade 12/04/2014
  Envía a túa opinión

Unha das obras de Chelo Facal repousa nunha tella cocida por ela mesma. Enlaza así coa tradición de oleiros e telleiras onde se traballaba o barro dende tempos inmemoriais. Os pinceis debuxan mares, algas e peixes, ao mesmo tempo que mulleres, bodegóns ou xarróns, fuxindo en técnicas e estilos das etiquetas. A exposición inaugurouse na tarde do pasado venres nun concurrido acto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros