Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A praia de A Magdalena terá un bar para o verán

A contratación das obras do Fondo de Investimento Local faráse nos próximos dez días

Sociedade 12/03/2009
  Envía a túa opinión

As obras proxectadas no Concello de Vilalba con cargo ao Fondo de Investimento Local comezarán a súa adxudicación e contratación nos próximos dez días, para tentar cumprir canto antes cos prazos de remate das mesmas proxectados desde a Casa Consistorial. Unha das obras que ten maior prioridade será a do acondicionamento do bar da praia fluvial de A Magdalena, debido a que o obxectivo do goberno municipal e abrila antes do verán.


María Dolores Leal

A pintora vilalbesa María Dolores Leal expoñerá en Nova York e Oporto

Sociedade 12/03/2009
  Envía a túa opinión

A solidariedade, o compromiso social, a denuncia e a arte forman parte do proxecto Room Project in Memoriam no que está inmersa a pintora vilalbesa María Dolores Leal. Esta artista chairega expoñerá, xunto con outros artistas internacionais, parte da súa obra en 3 exposicións simultáneas en Oporto, na Galería Geraldes da Silva; en Nova York, na Pool Art Fair; e en Plasencia, no centro cultural Las Claras, no que tamén amosarán a súa obra xente como Luis Eduardo Aute ou Moncho Borrajo.


As lectores non poderán acudir á Biblioteca Provincial desde o 12 ata o 16 de marzo

A Biblioteca Provincial de Lugo pechará por obras os próximos 12, 13 e 14 de marzo

Sociedade 11/03/2009
  Envía a túa opinión

As obras de mellora do edificio da Biblioteca Provincial de Lugo son o motivo principal do peche das súas instalacións a partir de mañá e que durarán ata o día 16 de marzo. Nestes momentos só viñan funcionando as seccións de “Consulta”, “Internet”, “Hemeroteca” e “Sección infantil”, pero estarán pechadas ata o vindeiro luns.


Un labrego traballa nunha explotación láctea

Os sindicatos agrarios pedirán a Elena Espinosa o financiamento dun plan de choque para o sector

Sociedade 11/03/2009
  Envía a túa opinión

As centrais agrarias Xóvenes Agricultores (X.X.A.A.) e Sindicato Labrego Galego (S.L.G.) esixen medidas urxentes do goberno central para buscar unha solución á crise que está atravesando actualmente o sector agrogandeiro. O problema pola falta de recollida de leite en Galicia, que afecta a concellos chairegos como Outeiro ou Castro de Rei, debe ser, segundo estes representantes do campo, tratado pola Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, Elena Espinosa.


O CT Vilalbés será sede do Campionato Galego Cadete

O Club de Tenis Vilalbés comezará a tempada intentando emular un exitoso 2008

Deportes 10/03/2009
  Envía a túa opinión

O Club de Tenis Vilalbés fixo balance da tempada 2008 unha vez que comezou a 2009 o pasado domingo. Aos éxitos deportivos, coroados pola consecución do Campionato Galego por Equipos na 4ª categoría, por primeira vez na súa historia, hai que sumar os institucionais. O apoio a esta asociación foi a mellor mostra do seu éxito, xa que creceu o número de socios e a súa escola deportiva municipal de tenis consolidouse como a 3ª mais numerosa con preto de 100 alumnos. Este incremento plasmouse na creación dun equipo filial, que xogará no Campionato Galego por Equipos Absolutos, na súa 7ª categoría.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros