Envía a túa opinión
Segundo anuncia a Asociación de Amigos e Amigas do Teatro Jofre, a tertulia presentación da obra de teatro “Limpeza de sangue” debe trasladarse ao café Tupinamba. Indica a entidade que a concelleria de Cultura de Ferrol negoulle a posibilidade de utilizar a sala de ambigú do Teatro Jofre, onde se viñan celebrando en anos anteriores, este tipo de actos. Gonzalo Rodriguez, da asociación de amigos do Jofre, deunos lectura á resposta recibida dende a concellería de Cultura de Ferrol.
Envía a túa opinión
Esta mañá abrían ao público as novas instalacións dos Servizos Sociais de Fene, unha vez rematado o traslado a San Valentín, ao baixo do bloque nº 1 que en tempos ocupou o ambulatorio. Agás pequenos detalles como os letreiros das portas, a instalación do fax e dalgún ordenador,dalgún moble que falta, as traballadores do servicio están xa instaladas e atendendo ao público aínda que as citas previas empezaron a darse a partir do próximo luns.
Envía a túa opinión
Os ríos tamén son rurais e urbáns, tal e como demostran os resíduos que atopamos neles. O metálico dunha cama, uralitas, escombros, retiraronse do río Baa en Maniños-Fene. O río Cádavo, zona máis urbana, soporta moitas latas de refresco. Unhas 30 persoas limparon as canles fluviais do Cadavo ao seu paso por Fene e o Baa en Maniños, dentro do Proxecto Ríos. Fene sumóuse a esta iniciativa de ADEGA que congregóu a 37 concellos galegos.
Envía a túa opinión
O alcalde e os grupos políticos de Fene reuníronse para analisar como vai a revisión do Plan Xeral de Ordenamento Municipal que está a redactar a empresa adxudicataria. Gumersindo Galego declarou que foi unha primeira toma de contacto coa empresa redactora porque queda moito por andar. Os cálculos para a aprobación definitiva do PXOM lévannos ao 2013.
Envía a túa opinión
Navantia comezará nos vindeiros dias o corte de chapa para o segundo destructor australiano. Nos estaleiros de Fene e Ferrol construiránse cinco bloques para este buque, baseado no proxecto de fragata F-100. O encargo supoñerá entre 350.000 e 400.000 horas de traballo, pendente de concretar no contrato.