Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Manuel Martínez, Sandra Freire, Regina Polín e Miguel Fernández durante a presentación

Guitiriz será o espazo dun Duatlón que busca consolidarse

Sociedade 05/03/2009
  Envía a túa opinión

As rúas da vila de Guitiriz serán testemuña, o vindeiro sábado 7, do esforzo de preto duns 200 duatletas que inaugurarán o calendario do Campionato Galego desta disciplina que combina a carreira a pé e o ciclismo. Esta será a terceira edición dunha competición que tentará converterse nunha proba fixa dentro das que se celebran en Galicia.


Cartel da exposición

O Museo Provincial de Lugo acolle unha conferencia sobre as mulleres e o sindicalismo nacionalista

Sociedade 05/03/2009
  Envía a túa opinión

O Sindicalismo femenino nacionalista será tratado hoxe nunha conferencia organizada pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A Secretaria Confederal de Muller e Servizos Sociais da CIG, Mª Carme López Santamariña, será a relatora da charla “Mulleres e Sindicalismo nacionalista en Galiza”, que dará comezo ás 20.00 horas no Refectorio do Museo Provincial de Lugo.


Logo do OVICA

O IESCHA e OVICA terán este fin de semana sendas asembleas xerais

Sociedade 05/03/2009
  Envía a túa opinión

A casa da Cultura de Vilalba foi o lugar escollido polo IESCHA para acoller as súas Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria, que se celebrarán mañá, día 6 de marzo, e que comezarán ás 20.15. Esta será a hora na que empece a primeira convocatoria, mentres que a segunda farao ás 20.30 horas.


Félix Jorquera

O periodista Félix Jorquera abriu na rede un espazo de opinión e debate

Sociedade 05/03/2009
 12 comentario/s - Envía a túa opinión

O periodista radiofónico e promotor do Terra Chá.Xa, Félix Jorquera, inaugurou un blog na rede onde tratará a múltiple actualidade diaria desde una perspectiva persoal. O día a día do ámbito política, social, económico ou cultural será diseccionado pola visión particular do editor. O debate e a reflexión estarán, a partir de agora na dirección http://fmenfm.activo-blog.com.


Janice López no podium do Campionato Galego Cadete

A Escola de Tae kwon-Do de Vilalba faise cunha prata e un bronce no Campionato Galego Cadete

Sociedade 04/03/2009
  Envía a túa opinión

A participación da Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan de Vilalba no Campionato Galego Cadete celebrado pola Federación desta arte marcial en Moaña (Pontevedra) saldouse con dúas mellas. Janice López Castelo obtivo unha prata en menos de 37 quilos, e Javier Montes Carracedo un bronce en menos de 57.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros