Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Unha das salas do Mueso de Viladonga

O Museo de Viladonga incorporará tecnoloxía 3D para facilitar a comprensión dos seus fondos

Sociedade 03/03/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

O Museo de Viladonga remodelará o deseño da exposición permanente que ten dentro das súas instalacións. O material exposto será o mesmo que viña existindo ata o de agora, aínda que o que cambia será a forma de divulgalo. Para elo, a dirección do centro optou por incorporar as novas tecnoloxías e incluirá dous novos ordenadores e dous DVD´s que se situarán nas catro salas das que consta o museo.


Imaxe do Templete co cartel anunciador do espectáculo da Escola de Teatro de Vilalba para o domingo 8

Teatro e un obradoiro sobre resolución de conflitos protagonistas do Día da Muller Traballadora en Vilalba

Sociedade 03/03/2009
  Envía a túa opinión

A concellería de Benestar Social, Muller, Familia e Educación de Vilalba, pon en marcha desde hoxe a súa programación para conmemorar o Día da Muller Traballadora, que se celebra o vindeiro domingo 8 de marzo. As diferentes actividades do concello vilalbés ábrense e péchanse con teatro, pero tamén haberá espazo para a formación.


Agustín Baamonde recibe a efusiva felicitación dunha simpatizante

Un quilómetro para separar dous estados de ánimo

Sociedade 02/03/2009
  Envía a túa opinión

Cando o trece de febreiro comezaba a campaña electoral, os que saltaban á area política tiñan postas as súas olladas, o seu sentir e as súas ilusións no 1 de marzo. Esperaban con ansiedade que chegasen as oito da tarde dese primeiro domingo do mes para saber se o traballo desenrolado ao longo de quince días daba resultado. Esta enerxía, empurrada a partes iguais pola adrenalina, a ideoloxía e as gañas de vitoria, facían de acicate para afrontar o duro día a día de mítins e discursos. Pero tamén sabían que algúns caerían polo camiño, que a forza tornaría na tristura e no abatemento da derrota. Sabían que había que recuperar forzas para loitar durante catro anos para regresar ao mesmo punto de partida que hai dúas semanas. Pola contra, os vencedores experimentarían a doce sensación da recompensa, da ledicia do respaldo, da ilusión por dirixir e planificar o futuro.


O deputado do PPdeG, Agustín Baamonde no momento do voto

O PP volveu gañar na Terra Chá nunhas eleccións nas que só o PSOE conseguiu crecer

Sociedade 02/03/2009
  Envía a túa opinión

O Partido Popular conseguiu onte unha vitoria incontestable ao gañar as eleccións por unha maioría absoluta personificada nos 39 deputados que lle outorgaron os votos dos electores galegos. Esta foi a realidade que deixou o 1 de marzo. O fixo cunha participación record. O 70, 46% significa a maior concorrencia a uns comicios autonómicos galegos da democracia. Este escenario que deixou o proceso electoral tivo un reflexo nos resultados da Terra Chá.


Xornada electoral

Resultados na Terra Chá

Sociedade 01/03/2009
  Envía a túa opinión

Resultados ao 100%

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros