Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Gómez Besteiro durante o mitin de onte en Baamonde

Gómez Besteiro: “O PP é como a cova de Alí Babá”

Sociedade 18/02/2009
  Envía a túa opinión

O presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, referiuse onte en Baamonde, Begonte, á actual crise do Partido Popular. O responsable socialista cualificou ao PP como “a cova de Alí Babá, no que o máis rápido trinca e o máis lento queda sen nada”. Besteiro tamén aludiu ás substitucións do número un popular por Ourense, Luis Carrera, e ao arrinconamento do número dous por A Coruña, Pedro Arias.


Logo do IESCHA

O IESCHA celebra as súas Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria o 6 de marzo

Sociedade 17/02/2009
  Envía a túa opinión

O Instituto de Estudios Chairegos (IESCHA) celebrará as súas Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria o próximo venres 6 de marzo. O Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba foi a sede elixida para desenrolar a primeira convocatoria, ás 20.15 horas, e a segunda, que dará comezo ás 20.30 da tarde.


Emilio Pérez Touriño dirixese ao público onte en Vilalba

Touriño promete un plan de axuda financeira para Pemes e autónomos

Sociedade 17/02/2009
  Envía a túa opinión

“Orgullo de país”. O líder dos socialistas e candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, remarcou desde o comezo do seu acto electoral de Vilalba a necesidade de que esta idea calase no seu electorado. O argumento central sobre o que xirou a súa intervención foi a do bo facer do seu partido ao longo dos catro anos de lexislatura que, segundo Touriño, deixaron unha Galicia ben xestionada en puntos como a Sanidade, Educación, Infraestruturas ou Traballo. O número un do PSdeG-PSOE tampouco se esqueceu de falar da crise do PP, e cualificou aos populares como “o partido dos líos” que “só está ao seu”, antes de prometer un plan de financiamento para Pemes e autónomos.


A horta será a protagonista das xornadas

O SLG organiza unhas xornadas sobre a horta para marzo

Sociedade 16/02/2009
  Envía a túa opinión

O sindicato Labrego Galego organiza un ciclo de xornadas formativas destinadas aos produtores da zona de Mondoñedo e A Mariña para os meses de Febreiro e Marzo. A temática que se abordará no Centro Comarcal da Mariña Central de Mondoñedo será a horta. A análise do estado actual do sector e das posibilidades que se presentan no futuro a curto e medio prazo serán dous aspectos ben tratados neste ciclo.


Unha das clases da Uned Senior do primeiro cuadrimestre

Aberto o prazo para o segundo cuadrimestre da Universidade Senior

Sociedade 16/02/2009
  Envía a túa opinión

A Universidade Senior de Momán e Xestoso abriu o seu prazo de matrícula para as tres novas materias que compoñen o segundo cuadrimestre. O seu acto oficial de inicio será o día 25 de febreiro na Fundación Sotavento e asistirán a directora da UNED de A Coruña, Susana Blanco, o Subdirector Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade da Xunta de Galicia, Rogelio Fernández, ademáis dos alcaldes dos concellos de Xermade, Guitiriz, Monfero, Irixoa, Aranga e Paderne.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros