Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A Escola de Teatro de Vilalba prepara unha novidosa montaxe para o 8 de marzo

Cultura 12/02/2009
  Envía a túa opinión

O Día da Muller Traballadora, que terá lugar o 8 de marzo, será o nexo común da particular celebración que fará a Escola Municipal de Teatro de Vilalba. O Auditorio Municipal da vila acollerá, o domingo 8 ás 20.30 horas, unha montaxe baseada nunha serie de actuacións nas que se combinarán vídeo, música e teatro arredor dunha escenografía minimalista elaborada polos propios actores.


O autobús da rede de dinamización da sociedade da información chega hoxe a Mondoñedo

Sociedade 12/02/2009
  Envía a túa opinión

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información ten parada no Concello de Mondoñedo co autobús informativo sobre as Novas Tecnoloxías. Esta iniciativa, dependente da Consellería de Innovación e Industria, trata de promocionar o uso das TIC, así como amosar as súas diferentes utilidades para a poboación. O vehículo de Industria estará situado na praza do Seminario durante todo o día de hoxe, en horario de 12 a 15 horas pola mañá e de 16 a 20 horas pola tarde.


Medio Rural inspecciona a nova oficina de Servizos Agrarios en Guitiriz

Sociedade 10/02/2009
  Envía a túa opinión

O Delegado Provincial de Medio Rural, Emilio López Pérez, visitou hoxe as novas instalacións dos Servizos Agrarios Comarcais do Concello de Guitiriz. O centro, que se atopa operativo desde o pasado venres, era a antiga cámara agraria da vila chairega e levaba 30 anos sen funcionar.


O PP de Pol acusa ao alcalde de 2boicotear á oposición”

Sociedade 10/02/2009
  Envía a túa opinión

O Grupo municipal do PPdeG do Concello de Pol, a través do seu voceiro José Luis Fugarolas, acusou ao alcalde, o socialista Lino Rodríguez Ónega, de “boicotear a labor de control da oposición” por levar desde o 5 de decembro do ano pasado sen convocar un pleno ordinario “pese a que o acordo tomado no seu día foi de que houbera un pleno mensual, concretamente o primeiro venres de mes”.


O Castro de Viladonga terá a máxima protección legal ao ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC)

Cultura 10/02/2009
  Envía a túa opinión

O Castro de Viladonga será declarado Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de monumento. O director xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Deportes, Felipe Arias, vén de asinar a resolución pola que se incoa o procedemento para que este xacemento conte co máximo grao de protección legal.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros