Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Mero, Xosé Luis Bóveda e Mini

Labrado da miña man

Cultura 18/08/2012
  Envía a túa opinión

A Fundación Alexandre Bóveda concedeu o Premio Galiza Mártir ao duo de cantautores da Terra Chá Mini e Mero. "Nós imos montados nun carro, e vós, o noso público, sodes os que tirades del" responderon emocionados os músicos nun acto celebrado no Pazo da Cultura de Pontevedra. "Labrado da miña man, fixen coa miña navalla, un aradiño de pau" reza un poema de Manuel María musicado por Mini e Mero.


Fotografia: viajaresunreflejodelplacer.blogspot.com

Do Piornedo a Nova York

Cultura 14/08/2012
  Envía a túa opinión

Soñábamos cun mundo mellor. Decidimos facelo realidade. A construción dunha comuna en 1976 protagoniza a película de Ignacio Vilar Vilamor. A longametraxe promocionase esta semana en Nova York pero tamén se proxecta esta noite no Piornedo, a aldea máis emblemática da serra dos Ancares.


O evento está organizado pola Asociación Cultural Eme de Meira

Meira acolle unhas olimpíadas rurais

Cultura 28/07/2012
  Envía a túa opinión

A Asociación Cultural Eme de Meira organiza nesta xornada de sábado un conxunto de actividades pensadas para todos os públicos e articuladas como unhas olimpíadas rurais baixo o xogo de palabras de CoolMeira (alusivo á denominación que a tamén chamada forcada, forquita ou galleta ten na zona). A entidade pon en marcha, desde hai cinco anos, un festival de verán, denominado este ano como Espontáneas 5.0, co que tratan de pór en valor o patrimonio material e inmaterial de Meira e a cultura galega.


Jorquera con traballadores de Preescolar en Lugo

Jorquera comprométese a recuperar Preescolar na Casa

Institucional 23/06/2012
  Envía a túa opinión

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, manifestou o seu apoio aos traballadores de Preescolar na Casa. O voceiro do Bloque no Congreso salientou que o proxecto “é unha referencia educativa para toda Galiza e mesmo a escala de Europa, que recibiu múltiples premios, cuxo modelo foi imitado e aplicado por outros países”. Ademais, salientou que Presescolar na Casa “tiña unha importante función social de asegurar a igualdade de oportunidades: que os nenos e nenas do rural tiveses as mesmas oportunidades que os das cidades”. Neste sentido, Jorquera criticou que “nun contexto como no que estamos recortar en educación é recortar no futuro, no principal activo que ten un país, como é a formación dos nenos e das nenas, dos cidadáns de mañá”.


Isabel Risco con Alfonso Tellado en Radiofusión

A prima de Risco en Vilalba

Cultura 19/06/2012
  Envía a túa opinión

A prima de Risco (Isabel) actua este venres en Vilalba cun espectáculo de monólogos no que estará acompañada de Oswaldo Digón. Comezará ás oito e media da tarde no Auditorio Carmen Estevez, dentro do programa de monólogos organizado por R en diferentes localidades.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros