Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Portada do libro de Galaxia

O lecer das augas, exposición en As Pontes

Sociedade 04/10/2011
  Envía a túa opinión

A sala de exposicións Mercado Vello das Pontes de García Rodríguez acolle mañá mércores, ás 12:00 horas, a inauguración da mostra “O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia”.  Esta exposición itinerante, que permanecerá na localidade ata o vindeiro 23 de outubro, está a percorrer as principais cidades galegas para dar a coñecer a evolución dos establecementos termais en Galicia ao longo do tempo.


A banda compostelá despídese momentaneamente dos escenarios

The Homes despídense

Sociedade 22/09/2011
  Envía a túa opinión

O grupo compostelán The Homens tocará este venres o seu repertorio de pop extremo no Cine Alovi de As Pontes. Para The Homens este será o último concerto antes dunha parada nas súas actividades de duración aínda por determinar. Nunha data tan especial, Xocas (batería), Roi (baixo e voz), Martin Wu (guitarra e voz) e Cristovo (teclas, pandeiretas e enxeñería eléctrica) farán en As Pontes un concerto que comezará coas reinterpretacións acústicas das súas cancións feitas para a xira ‘Detrás da canción’ (2010-2011), para despois cargarse de electricidade e rematar co seu repertorio de pop enérxico e bailable.


Aceiro producido na fábrica de Tianjín Daxiong

Unha fábrica china instálase nas Pontes

Sociedade 17/09/2011
  Envía a túa opinión

A fábrica china de As Pontes comezará a construirse antes de finalizar este mes de setembro. Levantaráse unha nave industrial de 12.000 metros cadrados, un edificio auxiliar e as dependencias para oficinas. Daxiong Spain producirá cable de aceiro cun plantel situado entre os 40 e os 50 empregados.


O grupo pop The Homens

The Homens e Seivane no Alovi das Pontes

Sociedade 13/09/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de As Pontes- A Coruña) albergará, durante este mes, dous dos concertos incluídos no programa Galicia é Música, posto en marcha pola Consellería de Cultura co fin de conmemorar o ano da música na comunidade galega e, deste xeito, render unha homenaxe á música galega e á industria musical de Galicia. Ata As Pontes desprazaranse o grupo pop The Homens e a gaiteira Susana Seivane.


As canchas do clube Pena da Revolta albergaron, por segundo ano consecutivo, esta competición nacional

Ballesteros, De Cobos e Díaz revalidan os seus títulos de campións de España de tiro en As Pontes

Deportes 13/09/2011
  Envía a túa opinión

Eduardo de Cobos Abreu, Jorge Ballesteros e Juan Carlos Jaime Díaz volveron lograr o Campionato de España de Tiro de Percorridos I.P.S.C, nas modalidades de producción, open e estándar, respectivamente. A competición, que arrincaba o venres da pasada semana, desenvolveuse ata o sábado nas instalacións do clube pontés Pena da Revolta e pechouse, o domingo, coa tradicional entrega de premios aos mellores tiradores da competición.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros