Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Fogar dos Maiores de Allariz

Queremos aprender, queremos ensinar

Sociedade 08/10/2011
  Envía a túa opinión

A exposición de fotografías “Mulleres maias unidas, queremos ensinar, queremos aprender” poderá ser visitada ata o día 15 de outubro no Fogar dos Maiores de Allariz. Dende o día 19 de maio e até o vindeiro 31 de decembro a exposición  de fotografía está a rotar por 16 concellos galegos para achegar á sociedade galega a cultura maia e as súas reivindicacións como pobo indíxena que dende hai moito tempo loita polo recoñecemento dos seus dereitos.


Viana do Bolo

Na fin da colleita

Sociedade 06/10/2011
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

A localidade de Punxeiro en Viana do Bolo (Ourense) acollerá este sábado a V Festa da Vendima coa participación de case 20 adegas. O ano pasado o evento congregou a unhas 2.000 persoas. Xunto coa entrada -ao prezo de 10 euros no posto de venda da organización- os participantes recibirán un pano de cór e unha cunca de barro, na que poderán degustar os viños de todas as adegas. Ofreceráse tamén unha gran variedade de pinchos e tapas.


Haberá novidades en canto a participantes e programación

24 artesáns dánse cita na IX edición do Mercado de Artesanía Arte de Man

Sociedade 07/09/2011
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

A Cámara de Comercio de Ourense acollía esta mañá a presentación da IX edición do Mercado de Artesanía Arte de Man que organizan conxuntamente o Concello de Allariz e a Asociación de Artesáns de Allariz. Será este domingo, 11 de setembro, cando se celebre a feira que terá lugar no casco histórico de Allariz, concretamente na Praza Maior e na Praza de Abaixo.



A Feira do Doce de Allariz cumpre 16 anos

Un concurso e un obradoiro de repostería súmanse á Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz

Sociedade 02/09/2011
 56 comentario/s - Envía a túa opinión

Allariz celebra esta fin de semana, 3 e 4 de setembro, a décimo sexta edición da Feira do Doce, Amendoado e Melindre, que este ano inclúe dúas novidades importantes na súa programación: o Concurso de respostería destinado a pasteleiros non profesionais que terá como ingrediente principal a mazá; e un obradoiro de repostería dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos. Participarán 13 produtores artesáns, parte deles da localidade alaricana e outros procedentes doutros puntos de Galicia como Melide, Cabanas ou Guitiriz. En canto á procedencia estatal, visitarán a vila ourensá representantes de Cantabria, Astorga e por primeira vez de Cádiz, que achegarán ata Allariz os afamados alfajores de Medina Sidonia.


Os feitos sucederon no periodo de exposición pública dun permiso de investigación mineira na Limia

ADEGA denuncia ante o Valedor do Pobo a denegación de información por parte de Industria

Sociedade 02/09/2011
  Envía a túa opinión

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de denunciar ante o Valedor do Pobo que lle foi denegada información de relevancia ambiental do Permiso de Investigación Mineiro “O Areal” en Couso de Limia (Concello de Sandiás) por parte da Delegación ourensá da Consellería de Economía e Industria. Estes feitos sucederon o pasado 10 de Agosto, aínda que non foi até o pasado luns cando se materializou a denuncia na que ADEGA solicita a repetición do periodo de exposición pública dese permiso de investigación ademais da apertura de expediente posterior sanción económica ademais da inhabilitación do funcionario que denegou o dereito fundamental á información que ten o cargo de xefe territorial desa consellería en Ourense.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros