Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Marcha pola sanidade pública en Vigo

Acusan a Feijóo de "entregar a sanidade a empresas amigas"

Sociedade 12/12/2014
  Envía a túa opinión

"Privatización é corrupción". Ese foi un dos lemas máis coreados na manifestación en defensa da sanidade pública. Máis de cinco mil cidadáns participaron na protesta que percorreu onte á noite as rúas céntricas de Vigo. "Hospital privado, futuro hipotecado" e "Laboradorio central, no novo hospital" foron outras dos consignas.


Tapa do libro

A actual ilustración galega dase cita en Vigo

Sociedade 11/12/2014
  Envía a túa opinión

"Ilustradots: 50 ilustradores galegos actuais" presentase este venres 12 de decembro ás 20:00h na Estación Coworkin, Berdiales 39, Vigo. O libro presentase nun evento no que estarán presentes algúns dos ilustradores e no que os mecenas, grazas aos que se pode sacar adiante a publicación, poderán recoller a "recompesa". Así mesmo, estarán expostas láminas de todos os ilustradores e poranse á venda algúns exemplares do libro. Todo iso amenizado por Juanma Lodo aka Epicuro, colaborador habitual de Dot. O libro poderá adquirirse na web dotgalicia.com e nas librarías a partir do luns 15 de decembro.


Xose Manuel Aldea en Culturgal con Herdo Novo

Unha cultura efectiva e con futuro

Sociedade 07/12/2014
  Envía a túa opinión

"En Culturgal 2014 puidose apreciar unha cultura efectiva, abundante, con presente e futuro" afirma Xosé Manuel Aldea, o director da iniciativa que se desenvolveu esta fin de semana no Pazo da Cultura de Pontevedra.  Aldea salientou que o mundo cultural necesita "unicamente crer nas súas propias capacidades". Destacou a maior afluencia de público rexistrada nesta edición,  "a pesar de ser a primeira vez que é de pago". "De todos nós depende, facer piña e afrontar o futuro" salientou.


A rúa onde se produciu o atraco en Vigo

Unha policia e o ladrón, mortos tras un tiroteo en Vigo

Sociedade 28/11/2014
  Envía a túa opinión

Un atracador e unha axente de policia faleceron nun tiroteo despois dun asalto a unha sucursal de Abanca no barrio de Calvario, en Vigo. O asaltante faleceu no acto ferido de bala e a muller foi trasladada en ambulancia ao hospital Meixoeiro, onde non puideron facer nada por salvarlle a vida. A axente recibira un impacto de bala no peito á altura do corazón, polo que quedou tendida sobre a beirarrúa. Tratase de V.L.C. de 36 anos. Outro policia tamén recibiu seis impactos de bala e continua moi grave.


O bó uso e o mal uso do mar

Sociedade 26/11/2014
  Envía a túa opinión

Os océanos ocupan preto do 70% da superficie do planeta, regulan o clima e son fonte de recursos e biodiversidade, mais ao mesmo tempo mantéñense como "algo descoñecido e inexplorado”, segundo Raquel Costa, coordinadora do programa educativo da Misión para a Extensión da Plataforma Continental Portuguesa. “Apenas o 3% do fondo mariño é coñecido, sabemos máis da superficie da lúa que dos océanos”, afirmou esta investigadora na apertura en Ciencias da Educación e do Deporte das xornadas Bo uso e mal uso do mar, un seminario dirixido a concienciar ao alumnado da importancia do medio mariño e da necesidade de traballar pola súa sustentabilidade.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros