Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Adega convida á cidadanía para facer dos nosos océanos uns entornos mais limpos

Para un futuro mais verde, os océanos contan contigo

Sociedade 06/06/2011
  Envía a túa opinión

Baixo este lema celébrase, este mércores 8 de xuño, o Día Mundial dos Océanos. Co gallo desta data, ADEGA xunto coa CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) e a Federación Galega de Surf  desenvolverán na praia do Ancoradoiro (Muros) varias actividades sobre os impactos da grande cantidade de lixo antrópico que vertemos aos océanos. Visitarán o ecosistema dunar e farán unha limpeza selectiva da praia. Pola tarde membros da CEMMA ensinarán os pasos a seguir para atender ao varamento dun cetáceo.


Ecoloxistas e pescadores convocan unha manifestación en defensa da ría de Muros-Noia

Eduardo Carreño: “As gaiolas de salmón destruirán máis postos de traballo dos que crearán”

Sociedade 04/06/2011
  Envía a túa opinión

Coas rías non se xoga vai ser o lema da manifestación que a Coordinadora en Defensa da Ría de Muros e Noia vai desenvolver coincidindo coa celebración este domingo do Día Mundial do Medio Ambiente entre a praza do Concello de Muros e a praia de San Francisco. Corenta colectivos, entre eles as catro confrarías de pescadores do lugar, marcharán contra a instalación de gaiolas para o cultivo intensivo e en cativerio de salmón na boca da ría. Alegan que experiencias semellantes en Chile resultaron prexudiciais para o leito mariño, as augas e a biodiversidade porque os peixes da acuicultura aliméntanse con produtos que conteñen “vitaminas e menciñas”.


Os socialista non cuestionan a declaración da utilidade publica senón a finalidade coa que se fai

Os socialistas acusan á Consellería do Mar do pago de favores a empresas acuícolas amigas

Institucional 01/06/2011
  Envía a túa opinión

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira vén de rexistrar diversas iniciativas parlamentarias nas que reclama que se tramita a comparecencia en Pleno da Conselleira do Mar para que dea conta do acordo da Xunta polo que se declara de interese publico de primeira orde a acuicultura de Galicia.


Soneira reclama unha póliza para as viúvas e os orfos dos mariñeiros

O PSdeG demandará no Parlamento a restitución do Seguro Colectivo de Accidentes

Institucional 01/06/2011
  Envía a túa opinión

O naufraxio do cerqueiro Nuevo Luz, no que morreron dous mariñeiros a pasada semana, demostra que é preciso restituír o Seguro Colectivo de Accidentes. Así o sostén o PSdeG, que demandará no Parlamento a volta atrás na decisión da Consellaría do Mar, que o pasado ano eliminaba a cobertura gratuíta, substituíndoa por unha nova póliza acordada coa compañía Mapfre para responder ás novas esixencias das leis de pesca. Porén, durante os últimos meses, tanto a oposición como algún colectivos do sector extractivo alertan que se deixa a 30.000 profesionais sen cobertura perante posibles accidentes.


Castro Grande de Neixón

Castros de Neixón: Declarado BIC con categoría de zona arqueolóxica

Sociedade 30/05/2011
  Envía a túa opinión

O Diario Oficial de Galicia  acaba de facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do pasado 19 de maio polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de zona arqueolóxica, a área dos castros de Neixón, no termo municipal de Boiro, provincia de A Coruña. A declaración como BIC desta zona, que inclúe o Castro Grande, o Castro Pequeno de Neixón e a paraxe natural na que se localizan, fundaméntase nos seus excepcionais valores patrimoniais e na súa singular beleza paisaxística, reunindo no conxunto valores históricos singulares, medioambientais e culturais que fan de Neixón un conxunto sobranceiro e de características únicas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros