Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

O encontro celebrarase na Facultade de Filoloxía

Expertos internacionais analizarán en Santiago o concepto de identidade

Sociedade 09/06/2012
  Envía a túa opinión

Máis de cen académicos procedentes de 22 países reuniranse a vindeira semana en Compostela para ofrecer unha análise sobre o concepto da identidade e debater arredor do papel que as relacións entre linguaxe e sociedade xogan na formación e expresión desa identidade. O grupo de investigación Discourse and Identity -liderado polo profesor do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemaña Manuel Barbeito Varela- celebrará entre o mércores e o venres a 1st International Conference on the Discourse of Identity.


O ciclo, que arrinca o luns no Gaiás, mestura música, humor e gastronomía

Músicos que camiñan “a contracorrente” inauguran os Seráns do TAC

Cultura 19/05/2012
  Envía a túa opinión

Humor, música e gastronomía son os ingredientes da segunda edición de Os Seráns do TAC, un ciclo que busca introducir ao público na música contemporánea dun modo festivo e ameno. Neste proxecto, que arrinca o luns na Cidade da Cultura, o repertorio de figuras como Varese, Schoenberg ou Cage interpretado polos músicos do Taller Atlántico Contemporáneo combinarase coa estrea de obras de compositores galegos como Eduardo Soutullo ou Raquel García. As cinco sesións estarán introducidas en clave de humor polos actores Quico Cadaval e Carlos Blanco e o músico Julián Hernández (Siniestro Total). Tras os concertos, cinco restaurantes –Abastos 2.0, Eirado de Leña, Pepe Solla, Culler de Pau e Yayo Dacosta– ofreceranlles aos asistentes unha tapa de cociña contemporánea a partir de produtos da nosa xeografía.


A “Fotobiografía” inclúe máis dun cento de imaxes do homenaxeado no Día das Letras

Ouvirmos amosa o álbum privado de Paz-Andrade

Cultura 12/05/2012
  Envía a túa opinión

“O único que lle faltaba era pintar”, asegura Miguel Anxo Seixas Seoane en relación á poliédrica figura de Valentín Paz-Andrade. Resumir a vida dun home que foi avogado, poeta, xornalista, político e empresario foi o reto que enfrontou na Fotobiografía que arredor do homenaxeado no Día das Letras edita Ouvirmos. Acompañan os seus textos máis dun cento de imaxes do álbum familiar do pontevedrés no que o podemos ver encadeado no franquismo, ferido por cinco tiros tras mediar nunha folga na República ou reunido con importantes políticos de distintos puntos do planeta.


Códice Calixtino

Continuan abertas as investigacións policiais sobre o Códice Calixtino

Sociedade 08/05/2012
  Envía a túa opinión

O Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, asegurou este martes que non dispón de "ningún dato" sobre o paradoiro do Códice Calixtino, aínda que confía en que as investigacións policiais para resolver a súa desaparición "cheguen a bo porto". "Non sabemos nada", indicou.


Gerardo Conde Roa

Conde Roa anuncia a súa dimisión

Sociedade 15/04/2012
  Envía a túa opinión

Gerardo Conde Roa presentará mañá luns a súa dimisión como alcalde de Santiago de Compostela. Faráo o mesmo dia no que o xuiz Vázquez Taín acorde a súa imputación formal como autor dun delito de fraude fiscal ao non pagar os 291.000 euros correspondentes ao IVE dunhas vivendas vendidas no ano 2010.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros