Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Chelo Facal expón no Colexio Médico da Coruña

A telleira de Chelo Facal

Sociedade 12/04/2014
  Envía a túa opinión

Unha das obras de Chelo Facal repousa nunha tella cocida por ela mesma. Enlaza así coa tradición de oleiros e telleiras onde se traballaba o barro dende tempos inmemoriais. Os pinceis debuxan mares, algas e peixes, ao mesmo tempo que mulleres, bodegóns ou xarróns, fuxindo en técnicas e estilos das etiquetas. A exposición inaugurouse na tarde do pasado venres nun concurrido acto.


A Xunta vén de aprobar un plan para o sector artesán

A artesanía de Galicia pretende multiplicar a aposta pola innovación

Sociedade 07/04/2014
  Envía a túa opinión

O sector dos oficios artesáns emprega a unhas 5.000 persoas en Galicia. Antes dos festexos dos Días Europeos da Artesanía, que se desenvolveron esta pasada fin de semana, o Consello da Xunta presentaba o primeiro Plan de Artesanía de Galicia, un documento co que o Goberno marca unha folla de ruta para a promoción destas actividades e que contempla unha serie de actuacións no trienio que vai ata 2016 para aumentar o peso económico da artesanía, creando un cento de novas empresas, incorporando máis innovación e multiplicando os puntos de venda da marca propia da artesanía do país. “Son uns deberes que había que facer, ter unha estratexia definida para abordar e xestionar os intereses sectoriaias dunha maneira máis eficiente e que no noso caso non existía”, explicou en Radiofusión Manuel González, presidente da Asociación Galega de Artesáns (AGA). 


Logo da convocatoria desta edición

Chegan á Coruña os estudantes que participarán na Olimpiada Española de Física

Sociedade 03/04/2014
  Envía a túa opinión

A Universidade da Coruña organiza e acolle as probas da XXV Olimpíada Española de Física que comezará mañá coa chegada dos participantes á cidade. Uns 140 estudantes de Bacharelato e de Formación Profesional, acompañados por 50 delegados de distrito universitario, estarán na Universidade desde mañá ata o luns en que se clausura o programa.
Para mañá, venres, 4 de abril, está prevista unha recepción no Concello da Coruña ás 20:00 horas. A inauguración oficial da Olimpíada Española de Física será o sábado, ás 9:30 horas no salón de actos do Centro Universitario de Riazor (CUR), no campus de Riazor. Unha hora máis tarde, comezará a proba experimental que se prolongará toda a mañá. Os experimentos que teñen que realizar os alumnos son moi vistosos e espectaculares.


O alcalde de Santiago, Angel Currás, é un dos imputados na Pokemon

Pokemon, Vendex e a corrupción en Galicia

Sociedade 03/02/2014
  Envía a túa opinión


A desclasificación dos tomos da operación Pokemon sobre a corrupción en Galicia desvela cada día novas sorpresas. Segundo publica hoxe o xornal El Pais, a Xunta pagoulle 40.000 euros a través da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Industria como axudas ao “fomento da investigación e a innovación empresarial”.


Xavier Vence no cemiterio de San Amaro na Coruña

Moncho Valcarce, o crego das Encrobas

Sociedade 02/02/2014
  Envía a túa opinión

Moncho Valcarce "o crego das Encrobas" distinguíuse polo seu compromiso cos máis desfavorecidos e especialmente co mundo rural galego. O portavoz do BNG Xavier Vence lembrou a súa figura nun acto celebrado no cemiterio de San Amaro da Coruña, coincidindo co aniversario do seu pasamento.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros