Envía a túa opinión
Mañá inaugurarase a canceira do Concello de Ferrol, que acollerá a 40 cans e tamén cabalos. O proxecto, que comezou hai 8 anos, pasou por diferentes gobernos municipais, e a pesar de que está rematado desde o 2003 a súa apertura non se produciu ata agora, xa que nun primeiro momento esta construción fora rexeitada por falta de luz e auga propias. Chegouse incluso, a plantexar a posibilidade de construir outra canceira noutro punto do Concello e deixar estas instalacións para unha planta de reciclaxe. Agora, a un día da inauguración, o concello non descarta que o número de cans atendidos ascenda de xeito considerable, superando en breve os 15 que están sendo atendidos polo Concello nunhas dependencias cedidas pola Armada.
Envía a túa opinión
Familiares e amigos de Iván Arnoso lembraron esta mañá ao xove de Fene cando se cumpren 3 anos da súa morte en accidente laboral na factoria Megasa de Narón. Reclaman unha rápida decisión xudicial que condene aos responsabeis da empresa metalúrxica.
Envía a túa opinión
“Nos que combaten e han de selo lóstrego achaiador, neles poño a miña lingua e descanso os meus ollos, e reclamo a libertade pró meu pobo, e reclamo a libertade pró meu pobo”. Remata así o poema de Xosé Luis Méndez Ferrín, adicado a Moncho Reboiras, militante nacionalista asasinado pola policia franquista o 12 de agosto de 1975 no portal número 27 da rúa da Terra de Ferrol.
Envía a túa opinión
A cabria é aquel aparello onde se secan as Redes do xeito unha vez que os mariñeiros volvían do mar. Desde os anos 70 as cabrias deixaron de utilizarse no Porto de Redes, consecuencia da chegada das redes sintéticas, que xa non precisaban ser secadas ó sol, e do éxodo de traballadores do mar cara a industria. Agora, a Agrupación Instrutiva de Caamouco pretende recuperar esta tradición de secar as vellas redes de fío ó sol para que unha tradición tan senlleira como esta e que incluso lle deu o nome a Redes non desapareza. Será o sábado 14 de agosto a partir das 6 da tarde cando comecen os festexos. O punto de saída darao a actriz Fina Calleja, coñecida polo seu papel de Moncha na serie de TVG “Padre Casares”, que se encargará de ler o pregón da festa. Logo disto e sempre acompañados pola música das gaitas, os veciños colgarán como antano as redes na cabria. Ademais mostrarase como funcionaban as embarcacións do xinguidoiro e as buguinas que deixaron de soar na vila hai anos. A festa rematará cunha polbada popular na praza da vila.
Envía a túa opinión
O novo canon eólico da Xunta deixará nos concellos da zona máis de 1200000 euros. As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal beneficiaranse do novo canon que terán que pagar as empresas que exploten parques eólicos. A cantidade a pagar en cada parque eólico depende do número de areroxeradores que posúa. Calcúlase que por cada aeroxerador a empresa que xentiona o parque terá que pagar unha media de 3000 euros, en dependendo do número total de aeroxeradores cos que conte o parque. En total a Xunta de Galicia recibirá mais de 22000000 de euros grazas a este novo canon.