Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Máis dun milleiro de persoas asistiron ao xantar

O Concello de Ordes ofrece unha comida á terceira idade

Sociedade 25/04/2011
  Envía a túa opinión

Máis dun milleiro de maiores ordenses participaron hoxe na comida á Terceira Idade coa que o Concello de Ordes quere homenaxear aos maiores do município. Os actos deron comenzo pola mañá coa celebración dunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Ordes, á que seguiu unha gran comida na carpa instalada no campo da feira ordense. Ademais tamén houbo tempo para o baile coa actuación dun grupo musical que entretivo aos maiores durante a tarde.


O concello informou á veciñanza das distintas posibilidades para atopar traballo

A importancia da cualificación profesional á hora de buscar emprego

Sociedade 20/04/2011
 68 comentario/s - Envía a túa opinión

O salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares de Ordes acolleu onte a celebración dunha Xornada Informativa sobre os Certificados de Profesionalidade, organizada polo Concello en colaboración coa empresa Recursos. Con esta iniciativa pretendeuse concienciar e sensibilizar á poboación da importancia da cualificación profesional, do recoñecemento da experiencia laboral e do que esto supón no aumento da empregabilidade do individuo.


A feita contará tamén cun apartado gastronómico coa celebración da XXII Festa do cahmpiñón

Expo Ordes coa discapacidade

Sociedade 14/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Concello de Ordes ten todo preparado para a celebración esta fin de semana da súa feira multisectorial por excelencia, Expo Ordes 2011. Unha feira que contará con preto de 80 expositores en total, entre os stands que estarán repartidos polos máis de 3.000 metros cadrados de carpa, así como no exterior da mesma.


O concello realizou unha gran cantidade de campañas de sensibilización e información

Exitoso balanzo do programa Ordes Recicla

Sociedade 13/04/2011
  Envía a túa opinión

O concello de Ordes, a través da concellería de Medio Ambiente, fixo balanzo dos resultados obtidos a través do seu programa “Ordes recicla” durante os últimos anos. Programa que experimentou un importante pulo grazas ás numerosas campañas de sensibilización e información levadas a cabo desde o Departamento Municipal de Medio Ambiente e orientadas a todo tipo de idades e todos os públicos.


Terá lugar os vindeiros 15, 16 e 17 de abril no campo da feira ordense

60 expositores daranse cita no recinto feiral de Expo Ordes

Sociedade 11/04/2011
  Envía a túa opinión

O Concello de Ordes prepárase para celebrar os vindeiros 15, 16 e 17 de abril unha nova edición de Expo Ordes. Unha feira multisectorial que como cada ano achegará ao municipio ás máis importantes empresas tanto a nivel local, como provincial e autonómico. Nesta ocasión serán preto de 60 expositores os que se darán cita no recinto feiral de Expo Ordes, ubicado no campo da feira ordense. Un recinto de máis de 3.000 metros cadrados baixo carpa, aos que se sumará outro espazo exterior con exposición de maquinaria.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros