Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Alfonso Ribeiro, Antón Bao e Henrique Sanfiz

Moitas máis Vitaminas para o galego neste mes de maio

Cultura 09/05/2012
  Envía a túa opinión

Alumnos e alumnas dos colexios e Institutos de Lugo recibirán nos vindeiros dias “Lapis para escribir en galego”, dentro da campaña “Vitaminas 17” que este mediodia se presentou na Casa do Concello de Lugo. O tenente de alcalde e concelleiro de Cultura Antón Bao suliñou a importancia de promover o idioma galego como “elemento de cultura, comunicación, tolerancia e respeito”.


Boca da cova do Rei Cintolo dende o interior

Un goteo incesante de auga formou a cova

Cultura 07/05/2012
  Envía a túa opinión

Un goteo incesante de auga formou hai millóns de anos a cova do Rei Cintolo en Mondoñedo, segundo o arqueólogo Abel Vigo. As pingas van ademais formando estalactitas, estalagmitas e coladas, creando estruturas orixinais que sorprenden ao visitante. En calquera caso, o proceso comezou entre o Cámbrico inferior e medio, hai millóns de anos.


Emulando a Indiana Jones en Mondoñedo

Viaxe ao centro da terra

Sociedade 05/05/2012
  Envía a túa opinión

O profesor Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra guiado por un misterioso pergamiño do século XII. Na aventura acompáñano o seu sobriño Axel e o guía Hans. Os tres entran por un volcán cara ao interior da Terra, onde sufrirán unha serie de peripecias e descubrirán un asombroso mundo mezosoico enterrado nas profundidades.Ese é o resumo do argumento da novela de Xulio Verne "Viaxe ao centro da terra".  Hai 400.000 anos comezou a formarse a cova do Rei Cintolo en Mondoñedo. Unha visita guiada ofrécenos a posibilidade dunha auténtica viaxe ao centro da terra, unha excursión ás entranas do planeta. Precísase dunha boa forma física para participar nesta aventura quiada polo arqueólogo Abel Vigo.


Feira Medieval en Mondoñedo

As Quendas de Mondoñedo esperan 15.000 visitantes

Sociedade 28/04/2012
  Envía a túa opinión

As orquestras Ritmo Joven e Passarela amenizarán esta noite a verbena das festas das Quendas en Mondoñedo. Segundo o alcalde da localidade Orlando González, espéranse na cidade episcopal entre 10 e 15.000 visitantes. O programa das festas prolongase ata o vindeiro martes.


Luis Benigno Vázquez Fernández é o verdadeiro nome de Luis Pimentel

Luis Pimentel, sombras do aire na herba

Sociedade 22/04/2012
  Envía a túa opinión

Os ríos, a lúa, mirtos, os xardíns son algúns dos elementos da poesía de Luis Pimentel, médico de Lugo nacido en 1895. Os seus versos expresan tenrura, sensibilidade e unha aparente sinxeleza. Renuncia á rima e á estrofa, o que da á súa obra un aire de prosa poética inzada de musicalidade e de exquisita delicadeza.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros