Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Samuel Juárez visitou o parque do Xurés

Axudas para os parques naturais

Sociedade 23/08/2011
  Envía a túa opinión

Un total de 108 iniciativas promovidas por particulares, comunidades de montes veciñais, asociacións, empresas ou concellos situados en parques naturais de Galicia ou nas súas áreas de influencia beneficiaranse das axudas xestionadas por Medio Rural para o desenvolvemento sustentable destes espazos e cuxa contía supera os 2 millóns de euros no período 2011-2013.


A empanada prepárase de moi diversas formas na festa

Xogos e música tradicional para acompañar a Festa da Empanada de Allariz

Cultura 19/08/2011
  Envía a túa opinión

O concello ourensán de Allariz celebra a tradicional Festa da Empanada este sábado e domingo. Unha cita gastronómica que ten a súa orixe no ano 1971 e que se desenvolve na ribeira do río Arnoia. Coma sempre, os amantes deste manxar poderán gozar da empanada en todas as súas variedades (de carne, bacallau, zamburiñas, setas e gambas...) grazas aos puntos de venda que se colocan o domingo no campo de Vilanova, onde ademais haberá churrasco e polbo. O evento tamén deixa espazo a actividades deportivas como o Triatlón Vila de Allariz ou o Campionato tradicional da Billarda, e a actuacións musicais con orquestras e música galega.


Cesteiros chegados desde diversos puntos danse cita en Allariz

Os novos artesáns serán os protagonistas do II Encontro de Cestaría de Allariz

Sociedade 12/08/2011
  Envía a túa opinión

Santa Mariña de Augas Santas, en Allariz, acollerá este sábado e domingo o II Encontro de Cestaría dedicado este ano aos novos cesteiros que levan formándose todo o ano. O programa comeza mañá sábado ás seis da tarde cunha visita guiada de botánica e arqueoloxía. A parte botánica corre por conta dos cesteiros Idoia Cuesta e Toño González, a primeira centrarase na parte teórica e o segundo demostrará a utilización dos recursos botánicos; e da arqueolóxica ocuparanse David Pérez e Adolfo Fernández.


Ciclo do pan en Allariz

A moenda e a fornada pechan o ciclo do pan das Festas Etnográficas de Allariz

Sociedade 06/08/2011
  Envía a túa opinión

O ciclo tradicional do pan remata esta fin de semana en Allariz. Este sábado a Torre de Seoane será o escenario da fornada a partir das oito. Con estas celebracións clausurase unha nova edición das Festas Etnográficas dedicadas ao pan.


Na actuación escoitaranse temas de autores como Curros ou Celso Emilio Ferreiro entroutros poetas

Concerto de 2nafronteira na casa de Curros Enríquez en Celanova

Sociedade 28/07/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O grupo “2nafronteira”, formado por Carmen Penim e o pianista Maurizio Polsinelli, ofrecerá na casa familiar de Manuel Curros Enríquez en Celanova un concerto con versións de poetas galegos mañá ás 20.30 horas. O dúo, procedente de Italia e creado en 2007, actuará na Horta da Palabra da casa museo para dar a coñecer aos celanoveses algúns dos novos temas do disco que editarán a final de ano. Entre o repertorio que traerán para ese día atópanse versións de Manuel Rivas, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Curros Enríquez, Federico García Lorca, Altolaguirre e Góngora.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros