Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Manuel González Álvarez

XII Premio Leixaprén a Manuel González en recoñecemento ao seu labor de promoción do audiovisual galego e da língua galega

Sociedade 25/05/2011
  Envía a túa opinión

O venres 27 de maio terán lugar na Casa de Cultura e no IES de Porto do Son a entrega do XII Premio Leixaprén e o Encontro do Audiovisual Escolar Galego, eventos organizados polos Equipos da Biblioteca, Normalización Lingüística e SonCine e os Departamentos de Lingua Galega e Educación Plástica do instituto e que contan coa colaboración da Alcaldía e a Concellaría de Cultura do Concello de Porto do Son. Durante a sesión da mañá, a Casa de Cultura converterase nun espazo de encontro de alumnos e docentes de 18 centros educativos galegos que desenvolven na actualidade proxectos audiovisuais.


Pistas polideportivas de O Saltiño

Mellora nas pistas deportivas de O Sequelo, Subuqueiro e O Saltiño

Sociedade 23/05/2011
  Envía a túa opinión

A Concellería de Deportes do Concello de Boiro, que dirixe a concelleira Dores Torrado Ares, está a executar unha serie de melloras nas pistas deportivas ao aire libre de O Sequelo (parroquia de Lampón), Subuqueiro (parrroquia do Castro) e O Saltiño (parroquia de Abanqueiro), subvencionadas, en parte, a través dunha axuda da Deputación Provincial da Coruña. Parte das obras foron executadas por parte de traballadores municipais, e outras correrán a cargo dunha empresa.


Complexo dunar de Corrubedo

Corrubedo no Dia Europeo dos Parques Naturais

Sociedade 21/05/2011
  Envía a túa opinión

Con motivo da celebración, o vindeiro martes, 24 de maio, do Día Europeo dos Parques Naturais, a Consellería do Medio Rural programou diversos actos nos diferentes espazos protexidos de Galicia. A meirande parte das actividades están orientadas cara ao público infantil, coa fin de darlles a coñecer a riqueza natural da nosa Comunidade Autónoma e conciencialos sobre a importancia da súa protección e conservación, tanto desde o punto de vista ambiental como económico e social.


A falla de persoal suficiente impide a atención a todos os pacientes

7.400 sinaturas contra a privatización do servizo de diálise do Hospital de Ribeira

Sociedade 19/05/2011
  Envía a túa opinión

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza entregou esta mañá preto de 7.400 sinaturas no rexistro do Sergas contra a privatización do servizo de diálise do hospital emprazado en Santa Uxía de Ribeira. Os apoios á causa inclúen aos traballadores do propio centro sanitario e aos doentes que fan uso do servizo.


Funeral de Gloria

Concentración silenciosa en repulsa polo asasinato da moza noiesa Gloria García

Sociedade 16/05/2011
  Envía a túa opinión

O Centro de Información á Muller (CIM) e o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro convidan a todos os cidadáns, grupos políticos e asociacións locais a participar na concentración de solidariedade polo asasinato da moza de Noia Gloria García, de 19 anos, que terá lugar o vindeiro mércores día 18 de maio ás 11.00 horas na Praza de Galicia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros