Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Códice Calixtino

Continuan abertas as investigacións policiais sobre o Códice Calixtino

Sociedade 08/05/2012
  Envía a túa opinión

O Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, asegurou este martes que non dispón de "ningún dato" sobre o paradoiro do Códice Calixtino, aínda que confía en que as investigacións policiais para resolver a súa desaparición "cheguen a bo porto". "Non sabemos nada", indicou.


Gerardo Conde Roa

Conde Roa anuncia a súa dimisión

Sociedade 15/04/2012
  Envía a túa opinión

Gerardo Conde Roa presentará mañá luns a súa dimisión como alcalde de Santiago de Compostela. Faráo o mesmo dia no que o xuiz Vázquez Taín acorde a súa imputación formal como autor dun delito de fraude fiscal ao non pagar os 291.000 euros correspondentes ao IVE dunhas vivendas vendidas no ano 2010.


O SLG pide a negociación colectiva do prezo do leite

O SLG rexeita o paquete lácteo da UE

Sociedade 01/04/2012
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego amnosou o seu rexeitamento ao paquete lácteo publicado no Diario Oficial da Unión Europea. O motivo, que senta as bases para que os estados poidan obrigar a asinar contratos sen prezo ás explotacións; ademais de imposibilitar que se poidan negociar os valores do leite de xeito colectivo e a través dunha interprofesional, ao crearse as organizacións de produtores e produtoras de leite (OPL). Medidas como as devanditas deixan ao sector lácteo, segundo o SLG, totalmente en mans da industria, e supoñen a renuncia a crear mecanismos para que os produtores e produtoras de leite teñan prezos estables que permitan integrar as subas dos custes de produción.


O FAC abriu a súas portas no rural compostelán

O Furancho de Arte Contemporánea convida a descubrir “os excedentes culturais”

Cultura 25/03/2012
  Envía a túa opinión

"Do mesmo xeito que os furanchos dan saída ao excedente vinícola, nós intentamos dar saída ao excedente cultural do que formamos parte". Describe así Diego Vites o Furancho de Arte Contemporánea (FAC), un galpón reconvertido en espazo creativo que acaba de abrir as súas portas na parroquia compostelá de A Peregrina. O proxecto, que Vites impulsou canda Olmo Blanco e Ania González, “xorde da necesidade dun lugar intermedio (nin comercial nin institucional) para a arte”.


A campaña presentouse en Arzúa o 17 de decembro do 2011

Vitaminas para o galego inicia unha nova fase

Sociedade 07/03/2012
  Envía a túa opinión

A campaña de apoio aos medios en galego comeza esta semana unha segunda fase. Como primeiro paso, “Vitaminas para o Galego” está a traballar para organizar un festival artístico o próximo 27 de abril en Santiago de Compostela. Ademais, “Vitaminas para o Galego” xa enviou nesta semana as recompensas aos 197 mecenas que aportaron en total 6830 euros na primeira fase a través de internet, duplicando as expectativas de recadación.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros