Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Ies Paseo das Pontes da Coruña. Fotografía Arquivo

Unha fumareda provoca o desaloxo dun instituto na Coruña

Sociedade 22/01/2014
  Envía a túa opinión

Un instituto da Coruña foi desaloxado na mañá deste mércores debido a unha densa fumareda causada pola mala combustión dunha caldeira, pero non houbo persoas afectadas. Os feitos sucederon sobre as 8,20 horas no Instituto Ánxel Casal, situado no Paseo Marítimo, no barrio de Monte Alto. Os Bombeiros da Coruña recibiron o aviso do 112 por unha fumareda no centro educativo.


Acto de presentación da campaña.

Intensifícase a campaña contra a reforma da lei do aborto.

Sociedade 22/01/2014
  Envía a túa opinión

O BNG elixiu o Centro de Especialidades do Ventorrillo, na Coruña, para lanzar a sua campaña nacional contra a reforma “involucionista” da lei do aborto do PP impulsada por Gallardón, e en defensa do dereito das mulleres a decidir sobre a súa maternidade, a través do aborto libre e gratuíto e en condicións de seguridade sanitaria. A campaña terá un pé na rúa e outro nas institucións, xa que o Bloque está a presentar iniciativas nos Concellos, no Parlamento e no Congreso e, ademais, sumarase a todas as iniciativas promovidas por colectivos e movementos socias, como as da Plataforma galega polo dereito do aborto.


Jesús Vázquez realizou o anuncio esta mañá na Coruña

A Xunta convocará 100 prazas para profesores de secundaria

Sociedade 11/12/2013
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia convocará en 2014 oposicións para profesorado de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacherelato. Incluiránse aproximadamente 100 prazas, axustandose á normativa estatal do máximo do dez por cento de reposicións.


Constantino Fernández, candidato á presidencia do Dépor

“A felicidade do deportivista é completa co liderato” afirma o candidato á presidencia do Dépor Tino Fernández.

Deportes 25/11/2013
  Envía a túa opinión

“Non desbotamos solicitar unha modificación na orde do dia da asemblea de decembro” afirma o candidato á presidencia do Dépor Tino Fernández. A solicitude terá que facerse antes das 12 da noite deste luns, o segundo dia do liderato do club na Liga Adiante. Salienta que o novo equipo rector debe ser o que negocie na xunta de acreedores o 10 de xaneiro, e asine os convenios cos restantes acreedores da denominada débeda non privilexiada.


Capa do libro

A Terra Queima na Coruña

Sociedade 21/11/2013
  Envía a túa opinión

A AVV Atochas-Monte Alto, a Librería Sisargas e Edicións Xerais de Galicia convidannos á presentación do libro: "A Terra Queima" un proxecto  do compositor coruñés Lalo Carnota.  Ademais da súa música, inclúe un conto de Xurxo Souto, as ilustracións de Sesé Barreiro e as fotografías de Xulio Rey.

O acto, que contará coa participación dos autores, terá lugar o sábado, 23 de novembro, ás 19:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-A Torre no Parque de Marte, s/nº A Torre na Coruña.

 

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros