Envía a túa opinión
O concello de Fene traballa xunto coa Asociación de Comerciantes O Cruceiro, nunha nova edición do Outlet que se celebrará o domingo 11 de setembro na Praza do Concello, a mesma ubicación do ano pasado.
Envía a túa opinión
Fene acollerá a Feira de Artesanía que organiza a Asociación Cultural O Tadetas, do 16 ao 18 de setembro no Paseo Marítimo de San Valentín, coincidindo este ano co Fenerock que se desenvolve no mesmo escenario.Uns 40 postos amosarán e venderán todo tipo de productos artesanais.
Envía a túa opinión
O Barco Adriano III afundiuse en Cádiz. A empresa orixinaria de Barallobre perdeu ao Vaporcito un barco mítico que ainda levaba o nome da persoa que fixo o cine e a casa da Maleta, nesta parroquia de Fene (A Coruña). As administracións fixeron xa fronte común para recuperar o buque. Capitanía Marítima abriu unha investigación para esclarecer o afundimento
Envía a túa opinión
Toni Zenet e a sua banda inauguran este sabado a nova tempada escénica de outono no Teatro Jofre. O artista malagueño regresa a Ferrol para presentar o seu novo traballo “Todas las calles”
As entradas podense adquirir de maneira anticipada no despacho do Jofre ou por internet.
Envía a túa opinión
Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida? Esas son algunhas das preguntas que se formula o Foro Social de Ferrolterra, á hora de organizar un encontro que se desenvolverá entre o 23 e o 25 de setembro, no Auditorio da Universidade no Campus de Esteiro en Ferrol.