Envía a túa opinión
O deputado do BNG Francisco Jorquera falará este venres no acto en lembranza de Moncho Reboiras, militante da UPG abatido pola Policia franquista en Ferrol o 12 de agosto de 1975. Os nacionalistas honrarán a figura de Reboiras nun acto que comezará ás sete e media da tarde na Praza de Armas.
Desde alí partirá cara o número 27 da rúa da Terra, facendo alí unha ofrenda froral. Retornarán logo a diante da Casa do Concello, onde intervirá o parlamentario do Bloque.
Envía a túa opinión
Cos almerienses “Los Summers”, comeza esta noite do 11 de agosto, a XIII edición do Festival Felipop, na parroquia de Limodre (Fene). Dende o seu nacemento en 1998, o Felipop foi acadando unha maior relevancia no panorama musical, converténdose xa nun referente no calendario de festivais veraniegos da comarca e de Galicia, estando incluído na lista dos 20 festivais “Galicia ao vivo”.
A primeira actuación, esta noite será a dos almerienses "Los Summers"en casa Ardá.
Envía a túa opinión
Un concerto gratuíto do mítico grupo local Los Limones porá mañán o broche de ouro a todo un dia de actividades dirixido á mocidade. Un venres diferente en Ferrol para conmemorar o día internacional da xuventude.
Envía a túa opinión
O cañoneiro Paz deu moita guerra. A súa botadura realizouse nos estaleiros de Ferrol o 10 de agosto de 1881, convertindose no primeiro barco con casco de ferro da construción naval española. Viviu só 8 anos antes de afundirse nas inmediacións de Cádiz. Antes interveu no salvamento dos náufragos do vapor Gijón acontecido fronte ás illas Sisargas en Malpica en 1884.
Envía a túa opinión
O Concello de Ares organiza a II Feira Mariñeira, os días 19, 20 e 21 de agosto no paseo marítimo . Uns 60 postos adicados á artesania e venda de productos gastronómicos, ocuparán todo o paseo ata o parque Rosalía de Castro. A decoración pesqueira da feira e as actuacións de teatro e animación achegarán a veciños e turistas ao mar, que foi importante fonte de riqueza do municipio aresán durante moito tempo. Preténdese a participación dos visitantes e vecizanza para que acudan á feira coa vestimenta típica mariñeira. Tamén solicita a colaboración de hostaleiros e dos residentes na zona para que adornen os locais e edificios cos aparellos e a decoración que fagan de Ares durante esa fin de semana a capital mariñeira da comarca.