Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

Obradoiro de reflexoloxía

Coidar os pés da rapazada

Sociedade 03/11/2016
  Envía a túa opinión

Procesos preventivos e de curación de doenzas nos pés. Iso é a reflexoloxía podal. As persoas que queiran adquirir coñecementos básicos poden acudir a un obradoiro en Ordes.


VI Comida Solidaria AECC Ordes

A investigación xenética e o tratamento do cancro

Sociedade 17/10/2016
  Envía a túa opinión

O doutor Ángel Carracedo destaca “a importancia que hoxe en día ten a investigación xenética, a cal conleva importantes avances nos tratamentos que repercuten directamente na calidade de vida das persoas que padecen a enfermidade”.  Carracedo fixo en Ordes unha breve explicación sobre como se forman e en que consisten os procesos canceríxenos.


Homenaxe a Porlier en Ordes. 2016

O pronunciamento liberal de Porlier

Sociedade 19/09/2016
  Envía a túa opinión

"Nada te aflixa o xénero de morte que me dan, porque ela non deshonra senón aos malos, aos bos cóbrelles de honra e gloria". Esas palabras escribiu o militar liberal Juan Díaz Porlier, antes de que o aforcaran os absolutistas no Campo da Leña da Coruña. A traizón duns sarxentos permitira que o apreixaran en Ordes. Pronunciárase en defensa da Constitución das Cortes de Cádiz, o 19 de setembro de 1815.


Representación de “A Viaxe de Rosalía”

Rosalía pasea Galicia collida da man de Larraitz Urruzola

Cultura 05/03/2016
  Envía a túa opinión

O espectáculo 'A viaxe de Rosalía' estréase esta fin de semana no programa FalaRedes con dúas visitas á comarca de Ordes. Trátase dunha peza de monicreques e música guiada pola actriz Larraitz Urruzola. A primeira parada será o sábado 5 de marzo no Concello de Frades que, coa programación desta peza, quere aproveitar para conmemorar tanto o recente Día de Rosalía (24 de febreiro) como o próximo Día da Muller (8 de marzo), ademais de sumarse a outras actividades organizadas desde o Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes. Con este motivo, o Local Multiúsos de Frades acolle durante a mañá do sábado 5, ás 11:30 horas, a representación. E xusto un día máis tarde, o domingo 6 de marzo, os monicreques chegan ao outro extremo da comarca ordense para visitar o Concello de Cerceda. Alí, o Auditorio Municipal acollerá a mesma actividade ás 18:00 horas.


Raquel Queizás

As Historias da Maleta chegan a Ordes

Sociedade 28/01/2016
  Envía a túa opinión

‘Historias da maletra’, con Raquel Queizás, este venres na biblioteca de Ordes. Mañá venres, 29 de xaneiro, a biblioteca de Ordes celebrará unha nova sesión da súas ‘Tardes de contos e lendas’. Unha cita que, como de costume, arrancará ás 18.30 horas para ofrecerlles a todos os nenos e nenas a partir de 3 anos historias sorprendentes para desfrutar e vivir en familia. ‘Historias da maletra’ é o título do relato que se ofrecerá, e no que se verá toda a maxia que pode xurdir dunha maleta chea de letras e palabras.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros