Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

Prognóstico do CIS para as eleccións autonómicas de Galicia

O PP revalidará a maioría absoluta, segundo a enquisa do CIS

Sociedade 08/09/2016
  Envía a túa opinión

O Partido Popular revalidaría a maioría absoluta en Galicia nas eleccións do vintecinco de setembro. Segundo a enquisa do CIS, a candidatura de Núñez Feijóo obterá entre 40 e 41 escanos, por 15-17 de En Marea, 16 do PSdeG PSOE e 2 do BNG. Ciudadanos situaríase entre 0 e 1 deputado.


demedicina.com

Deuse corda

Sociedade 10/08/2016
  Envía a túa opinión

Hai pobos onde quitarse a vida chega a ser un costume. Un estudo do Instituto Nacional de Estadística amosa claramente que a localidade andaluza de Alcalá la Real está á cabeza. Pero hai duas localidades galegas que lle van á zaga, As Pontes de García Rodríguez, que ocupa o segundo posto, e Ordes, o cuarto. Nun listado dos corenta municipios máis suicidas do Estado español (concellos de máis de 10.000 habitantes) atopamos sete vilas galegas. Amais das citadas, A Laracha ocupa o undécimo posto da lista e Monforte de Lemos o decimoitavo. Séguelle Fene no posto número 20, Sarria no 21 e Carballo no 33.


Alberto Núñez Feijóo en Navantia Fene

Feijóo convoca eleccións para o 25 de setembro

Sociedade 01/08/2016
  Envía a túa opinión

O presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo comunicou esta tarde a súa decisión de convocar as eleccións ao Parlamento galego para o domingo 25 de setembro. Coincidirán así cos comicios vascos e se alonxan dunhas hipotéticas eleccións xerais que poderían rondar a última semana de novembro, se non se da formado goberno.


Preparando o guión dun programa de radio

Concentracións contra as reválidas

Sociedade 24/05/2016
  Envía a túa opinión

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase hoxe martes 24 de maio ás 11:15 horas diante da Consellaría de Educación, en Santiago, para amosar o seu rexeitamento ás reválidas no día no que se inician as probas de 3º de Primaria. Esta concentración forma parte da campaña que puxo en marcha a Plataforma  que ten como obxectivo que as familias non envíen aos seus fillos e fillas a facer as reválidas. 


Protesta dos afectados pola hepatite C en Santiago. F.infosalus

Almuiña comparece no Parlamento para explicar o caso da hepatite C

Sociedade 26/04/2016
  Envía a túa opinión

O conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña comparece hoxe no Parlamento Galego para explicar a actuación da Xunta de Galicia na administración dos fármacos aos doentes de hepatite C. A plataforma de persoas afectadas pola enfermedade quere que tamén se lle impute á Xunta un delito de falsedade documental. Segundo esta entidade, “as datas da documentación aportada pola administración autónoma non coinciden cos expedientes dalgúns dos pacientes afectados". Declararán este xoves no xulgado os dous altos cargos do SERGAS investigados neste caso.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros