Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 28 de Maio de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Ourense: Exposición In Tempore Sueborum

O primeiro reino medieval de Europa

Sociedade 31/03/2018
  Envía a túa opinión

Un pacto (foedus) entre os suevos e o Imperio Romano sobre o ano 410 debeu dar lugar á fundación en Gallaecia dunha nova entidade política, o Reino de Galicia. O rei suevo de Galicia recoñecería teóricamente a superioridade xerarquica do emperador ainda que será el quen asumirá todas as función públicas propias deste. De todo iso fálase na exposición In tempore sueborum O tempo dos suevos na Gallaecia (411-585) que se pode visitar no Centro Cultural Marcos Valcarcel, igrexa de Santa María Nai e no Museo Municipal de Ourense ata o 6 de maio.


Celanova: Casa dos Poetas

A lembranza dos escritores

Sociedade 09/02/2018
  Envía a túa opinión

A Casa dos Poetas en Celanova acolle este sábado 10 de febreiro de 2018  ás 12 horas o II Encontro de das Casas Museo e Fundacións de escritores de Galicia. Convocadas as máis de 30 entidades de este tipo na Comunidade Autónoma, están confirmadas a asistencia de representantes de polo menos a metade. A esta reunión asistirá tamén o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, para afondar na relación colectiva e abordar ideas e propostas xa máis concretas a través das cales iniciar posibles camiños de colaboración, así como continuar co coñecemento recíproco das propias casas e das actividades que estas desenvolven.


 


Todos os grupos políticos do Parlamento coa Asociación de Medios en galego

Lectura emocionada da declaración institucional do Dia dos Medios en galego

Sociedade 07/02/2018
  Envía a túa opinión

Todos os grupos políticos da Cámara galega apoiaron este mércores a importancia que teñen hoxe en día os medios en galego polo seu compromiso "coa realidade e orgullo polo propio" iniciado no Rexurdimento. Foi grazas a unha declaración institucional a favor da celebración do 7 de febreiro como o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra a saída á rúa do primeiro número de O Tío Marcos d'a Portela, hai 142 anos en Ourense. O presidente do Parlamento, o ourensán Miguel Santalices, deu lectura emocionado ao texto que tamén quere poñer en valor os medios que actualmente utilizan a nosa lingua. 


Asociación de Medios en Galego

O Día dos Medios en Galego homenaxea ao Tio Marcos da Portela

Sociedade 30/01/2018
  Envía a túa opinión

Cunha homenaxe á publicación “O Tio Marcos da Portela”, nacida en febreiro de 1876, celebraráse o “Dia dos Medios en Galego”. A histórica publicación foi a primeira escrita integramente en galego. Subtitulada “Parrafeos co pobo galego” e impulsada por Valentín Lamas Carvajal, conseguiu un notable éxito, chegando a vender 4.000 exemplares nunha comunidade que daquela contaba con altos niveis de analfabetismo.


Iria Ollero

Oito de cada dez adolescentes pisan mal

Sociedade 19/01/2018
  Envía a túa opinión

“¿E ti, como pisas?” é o título do estudo co que Iria Ollero, alumna das Aulas Tecnópole e estudante de 2º de Bacharelato no IES As Lagoas (Ourense), levou o segundo premio do certame estatal Jóvenes Investigadores, celebrado hai uns días en Málaga. Este traballo fora xa recoñecido co primeiro premio na categoría Biomedicina e Saúde do evento Ciencia en Acción 2017, celebrado o pasado mes de outubro en Euskadi.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros