O catedrático da Universidade de Paris Armand Mattelart denuncia que, a pesar das redes sociais, cada vez quedan menos espazos onde confrontar ideas. O teórico belga carga contra a banalidade e o etnocentrismo nos medios. “Creo que hai que volver á historia, procurar unha inmersión da xente con conciencia crítica en todos os lugares onde haxa posibilidade de debate e educación”.
Fun á fonte beber auga, topei un ramiño verde, quen o perdeu tiña amores, quen o atopou tiña sede. A canción tradicional da música galega está de actualidade por mór da prolongada seca que acendeu todas as alarmas nas empresas de suministro de augas das grandes cidades.
“Os estudos existentes, tanto para Galiza como para Portugal, mostran que o número diario de incendios está estreitamente correlacionado coas condicións meteorolóxicas. Polo tanto, dadas as condicións que se deron o 14 e o 15 de outubro, as cifras de máis de 80 lumes diarios non son sorprendentes e deberían ter sido previstas polos responsables do dispositivo” afirma o profesor da Universidade de Santiago Edelmiro López Iglesias.
A asociación profisional de bombeiros forestais de Galicia critica a descoordenación e reclama cambios na política forestal para poder limitar os efectos devastadores do lume. Galicia gasta cada ano 170 millóns de euros en previr e apagar incendios. A Xunta cifra en máis de 35.000 hectáreas a superficie afectada polo lume os pasados 14 e 15 de outubro. Morreron catro persoas, 15 vivendas quedaron totalmente destruidas e houbo que evacuar a duas mil cen persoas.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistiu onte á XXIII Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa e foi o encargado de dar comezo á mesma coa lectura do pregón. Así mesmo, foi condecorado coa insignia de ouro e brillantes que entrega dito concello, unha distinción da
que asegurou sentirse “moi orgulloso”.