Os votos recibidos no certame Ari[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela determinaron que os gañadores polo mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2016 son Sés (A paz esquiva de Oporse á extinción) e Quinta do Bill (Faz bem falar de amor, de Todas as estações). Estes premios, xunto cos de poesía, entregaranse nunha gala que se celebrará en outubro, onde actuarán os grupos gañadores. Os seguintes máis votados, nos segundos postos, foron Poetarras (Chove en Galiza) e Deolinda (Corzinha de verão) e os terceiros Xoán Curiel (Ecuacións) e Raquel Tavares (Meu amor de longe)
O virus da gripe transformouse en andacio nos comezos do ano 2017. O SERGAS informa de tres mortes por esta doenza e 119 ingresos confirmados. A intensidade é media con tendencia a medrar, segundo a Xunta de Galicia. As asociacións de pacientes e o pesoal de urxencias non entenden como, sabendo con certeza cando se desenvolve a cepa, non se toman medidas e se habilitan camas nas plantas dos hospitais.
O Diccionario da Real Academia Galega define ao refugallo como aquilo que sobra (dunha cousa) ou que non se aproveita. As persoas e organizacións con sensibilidade medio ambiental, levan tempo insistindo na necesidade de buscarlle aproveitamento ao lixo. Ao tempo, redúcense os custes de transporte, tratamento e eliminación dos residuos.
Tras o éxito da primeira actividade (o 28 de outubro, cunha clase de terceiro de primaria), o programa “Almorz@ con Beizos Brancos” organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” repite mañá nas aulas do colexio compostelán Pío XII co obxectivo de difundir hábitos nutricionais saudables entre o resto do alumnado do curso: 50 estudantes.
A separación entre a igrexa e o estado sería boísima para as relixións, afirmaba no século XIX o escritor, médico e republicano Alfredo Vicenti. O cardenal Payá excomungou a Vicenti quen impulsou a criación dunha asociación de xornalistas galegos, vinte anos antes do nacemento da Asociación da Prensa en Madrid.