Publicidade Dia dos Medios en galego
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 22 de Febreiro de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Paco Souto, percebeiro

Falece Paco Souto mentras traballaba na costa

Sociedade 30/03/2017
  Envía a túa opinión

Paco Souto – percebeiro, concelleiro do BNG en Malpica, activo escritor de poesía e membro da asociación cultural Caldeirón  – faleceu esta mañá mentras mariscaba na zona da punta de Razo, en Carballo. Polo momento descoñécense as causas do suceso no que outros tres percebeiros que traballaban na mesma zona tiveron que ser rescatados.


Tono Formoso e Goretti Sanmartín

Quero cantar expándese ata os 16 anos

Sociedade 06/03/2017
  Envía a túa opinión

O “Quero cantar”, o único concurso de música de música infantl e xuvenil feita por rapaces e rapazas en galego, inicia a súa segunda edición medrando até alcanzar os centros de ensino secundario. O certame musical convocado pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña presenta neste novo ano dúas modalidades: infantil e xuvenil.


Xaquín Fernández Leiceaga, voceiro parlamentar do PSdeG PSOE

Leiceaga: “A Xunta non usa con axilidade os fondos europeos contra o paro”

Sociedade 20/01/2017
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia non utiliza os fondos europeos contra o paro coa axilidade necesaria, afirma o voceiro parlamentar do PsdeG PSOE Xaquín Fernández Leiceaga. Eses orzamentos teñen niveis de execución baixisimos o que é inexplicable para o deputado socialista. Para Leiceaga, “os cartos de Europa debían activarse de forma dilixente para mellorar a empregabilidade dos desempregados, incrementar a cualificación dos que traballan e incentivar a contratación dos colectivos con dificultades como os xoves e os parados de longa duración”.


Tanxugueiras

Tanxugueiras, cantareiras extrovertidas e orixinais

Sociedade 14/12/2016
  Envía a túa opinión

Son tres cantareiras extrovertidas, orixinais e cunhas voces espectaculares procedentes da zona de Teo e do Barbanza. Chámanse Sabela, Olaia e Aida e aló por xaneiro de 2016 decidíronse a constituír oficialmente o grupo unidas polo pracer de cantar e tocar a música da nosa terra e de recoller o herdado das nosas avoas. Algún tempo despois, aumentaron a familia creando un espectáculo xunto a Cibrán Seixo (violín) e Rubén Fernández (acordeón) que lles axudou a enriquecer a súa sonoridade e a darlle un aire novo ás súas cantigas.


Teresa Barberena, autora da tese

Prestige e Nunca Máis, catorce anos despois

Sociedade 13/11/2016
  Envía a túa opinión

Cúmprense catorce anos da traxedia do Prestige, o desastre que provocou que durante meses o Partido Popular -daquela no goberno central e na Xunta de Galicia- quedará na máis absoluta minoría e aillamento na sociedade galega. Ergueuse Nunca máis como expresión organizada da protesta e da rebeldía que xenerou admiración e solidaridade en todo o mundo. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros