Envía a túa opinión
O Concello de Cabanas solicitou a Demarcación de Costas que se retire o espigón próximo á praia da Madalena. O obxectivo é que o río Eume recupere as súas correntes naturais e o mantemento da area da praia nos meses de verán, que a día de hoxe está a ocasionar molestias ós bañistas.
Envía a túa opinión
O concello de Ferrol abre o novo prazo para que os grupos de Ferrol e comarca soliciten o seu espazo nos locais de ensaio inaugurados a pasada semana no barrio da Madalena. En total son catro locais cunha zona de gravación e un estudo, onde os mozos poderán traballar e desfrutar da música.
Envía a túa opinión
Caixanova traerá a Fene a Cúpula Caixanova na Rúa, onde se realizarán talleres dirixidos ós nenos. A cita será os vindeiros 26 e 27 de agosto na praza do concello de Fene. Quim Guixá é o autor da cúpula inchable de Caixanova que se achegará ata Fene a finais deste mes. Nesta cúpula celebrasrase o taller de “Ciencia e Maxia”, onde se pretende mostrar ós máis cativos que a ciencia e a tecnoloxía cada vez teñen maior importancia na sociedade.
Envía a túa opinión
A figura de Moncho Reboiras lembrarase este xoves en Ferrol. Xoan Xosé Pita e Francisco Rodriguez falarán nuns actos organizados pola Unión do Pobo Galego. Cúmprense 35 anos desde o asesinato de Moncho Reboiras en Ferrol. O ano pasado o goberno central recoñeceu ao novo militante da UPG como vítima do franquismo. A Policia Armada perseguira a Reboiras pola rúa da Terra ferrolá. No portal do número 27 rematou coa súa vida.
Envía a túa opinión
O Concello de Fene intensificará os labores de desratización no entorno do río Cádavo, diante da continua presenca de roedores nas inmediacións das vivendas de Astano e do parque Rosalía de Castro. Tanto o Bloque Nacionalista Galego como o Partido Popular reclaman unha maior atención a este problema.