Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Feira Medieval en Mondoñedo

As Quendas de Mondoñedo esperan 15.000 visitantes

Sociedade 28/04/2012
  Envía a túa opinión

As orquestras Ritmo Joven e Passarela amenizarán esta noite a verbena das festas das Quendas en Mondoñedo. Segundo o alcalde da localidade Orlando González, espéranse na cidade episcopal entre 10 e 15.000 visitantes. O programa das festas prolongase ata o vindeiro martes.


Luis Benigno Vázquez Fernández é o verdadeiro nome de Luis Pimentel

Luis Pimentel, sombras do aire na herba

Sociedade 22/04/2012
  Envía a túa opinión

Os ríos, a lúa, mirtos, os xardíns son algúns dos elementos da poesía de Luis Pimentel, médico de Lugo nacido en 1895. Os seus versos expresan tenrura, sensibilidade e unha aparente sinxeleza. Renuncia á rima e á estrofa, o que da á súa obra un aire de prosa poética inzada de musicalidade e de exquisita delicadeza.


A pita de monte é unha das especies que viven en Outeiro de Rei

Avifauna enxalza as características únicas das aves nun recinto remodelado

Sociedade 08/04/2012
  Envía a túa opinión

644 chíos diferentes saúdan cada novo día dende o lugar de Bravos, no municipio lucense de Outeiro de Rei. Son os que emiten os bicos dos inquilinos de Avifauna, o parque consagrado ás aves que vén de reabrir as súas portas antes das vacacións de Semana Santa. Fíxoo tras rematar unha importante obra de reforma e ampliación das instalacións para adaptar o que naceu en 1983 como refuxio da colección particular duns afeccionados á ornitoloxía ás normas europeas de parques zoolóxicos. Un dos socios fundadores, Remigio Sánchez, gabou en Radiofusión a importancia das aves: “Non hai na natureza un só animal que teña as características da ave, que poida atravesar océanos e continentes, que teña esa imaxe de liberdade”.


Ignacio Vilar ambienta o seu novo filme nunha comuna

“Vilamor” estréase este venres

Cultura 27/03/2012
  Envía a túa opinión

Vilamor, a nova película de Ignacio Vilar, estréase este venres en varios cines da provincia lucense. O filme, rodado en galego e inspirado na historia real das comunas que se crearon nos anos 70 en Negueira de Muñiz, proseguirá despois o seu percorrido por salas de toda Galicia cunha estrea cada semana ata o 16 de maio. Paralelamente porase en marcha a xira promocional da "Caravana Vilamor", na que o director e os actores principais percorrerán nunha furgoneta máis de 250 institutos e asociacións culturais e deportivas para dar a coñecer esta longametraxe.


Exemplares de raza rubia galega na granxa Gayoso Castro

Acruga celebra na granxa Gayoso Castro a primeira poxa de xovencas de raza rubia

Sociedade 21/03/2012
  Envía a túa opinión

A Deputación de Lugo colabora coa Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, na celebración da primeira poxa de vacas desta raza que se celebrará o 28 deste mes de marzo na granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, propiedade da institución provincial e onde Acruga dispón dun centro de recría para mellorar a xenética da especie. Esta primeira poxa de xovencas de raza rubia vai dirixida aos gandeiros da provincia de Lugo e comezará á unha do mediodía. Na poxa entrarán dez xovencas preñadas, seleccionadas por Acruga, cun prezo de saída de 1.800 euros cada unha, aínda que Caixa Rural subvencionará cada adquisición con 300 euros, segundo explicou o deputado provincial de Economía do Rural, José Fernández.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros