Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Vega 5

Liberados os mariñeiros galegos secuestrados en Somalia

Sociedade 14/05/2011
  Envía a túa opinión

Os mariñeiros galegos Juan Alfonso Rey Echeverry e José Alfonso García, secuestrado por piratas desde decembro pasado, cando pescaban a bordo do "Vega 5" na costa de Mozambique, foron liberados, segundo fontes gobernamentais. O palangreiro de bandeira mozambiqueña e operado por unha empresa participada por Pescanova, foi secuestrado en decembro pasado e liberado en marzo pola Mariña india. O capitán  e o contramestre, galegos os dous, non estaban a bordo no momento da liberación.


Cartaz da edición anterior do certame

101 traballos concorren ao Certame Literario “Ramón Martínez López” de Boiro

Sociedade 11/05/2011
  Envía a túa opinión

A Biblioteca Municipal do Concello de Boiro informa da convocatoria do IV Certame Literario Ramón Martínez López, convocado pola biblioteca e o Concello de Boiro. Presentáronse 101 traballos ao certame, 78 na modalidade de narrativa e 23 en poesía. O xurado está formado por Isabel Santos, Antonio Piñeiro, Sabela Hermo e Mª Dolores Olveira. O fallo do xurado será a finais de maio.


O servizo axuda ás persoas discriminadas pola súa condición LGTB

Vilagarcía estrea Punto de Información LGTB

Sociedade 11/05/2011
  Envía a túa opinión

O grupo LGTB 7 CORES  felicita ao concello de Vilagarcia pola posta en marcha do punto de información municipal LGTB. Sinalan que deste xeito o PSdeG fai realidade o compromiso coas políticas de igualdade para as persoas LGTB. Con este son tres os servizos de información e atención ao colectivo LGTB que funcionan en Galicia, e en todos eles goberna o Partido dos Socialistas de Galicia. Vilagarcía súmase así a Lugo e Coruña.


Imaxe dun dos mitins

Ares inicia a súa campaña electoral centrando a súa atención no rural

Sociedade 10/05/2011
  Envía a túa opinión

O candidato socialista á alcaldía de Boiro, Juan Jesús Ares, quixo iniciar a súa campaña ás eleccións municipais 2011 centrando a súa atención nas necesidades e inquedanzas dos habitantes do rural boirense, con sendos mitins celebrados o sábado e o domingo pasados, nos centros sociais de Cures e Macenda respectivamente.


No Barbanza tamén asinará exemplares do seu libro ‘Cien españoles y el Príncipe’

O xornalista José María Íñigo padriño do Club Exxpopress

Sociedade 09/05/2011
  Envía a túa opinión

O popular xornalista e presentador de televisión José María Íñigo asistirá, o vindeiro mércores 15 de xuño na Pobra do Caramiñal, á gala de presentación do Club Exxpopress. Trátase dun colectivo cultural de ámbito autonómico creado e promovido por xornalistas, pero aberto a toda a sociedade. Na cea-gala, na que Íñigo será nomeado Padriño do Club, terá lugar a partir das 21.30 horas no restaurante A Terraza de Chicolino. Durante a velada o coñecido xornalista a primeira Insignia de Ouro do Club.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros