Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

A Asemblea do BNG reuniuse o sábado e o domingo no recinto feiral de Amio

Sen vencedores nen vencidos

Sociedade 29/01/2012
  Envía a túa opinión

"Desta asamblea saimos sen vencedores nen vencidos" afirmou esta tarde no recinto feiral de Amio en Santiago de Compostela o portavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez. A cita congresual elexiu como candidato do BNG á Presidencia da Xunta a Francisco Jorquera quen destacou a elevada participación da militancia (máis de 4.300 persoas) como demostración do carácter asambleario e democrático da formación nacionalista.


Para a Asemblea do BNG acreditáronse máis de 5.200 militantes

O BNG decide o seu futuro

Sociedade 28/01/2012
  Envía a túa opinión

A Asemblea Nacional do Bloque Nacionalista Galego, reunida no recinto feiral de Amio en Santiago de Compostela decidirá este domingo o seu rumbo político nos vindeiros anos. Non só escollerán o cartaz para as vindeiras eleccións autonómicas -Aymerich ou Jorquera-, tamén definirán o seu portavoz nacional -Xosé Manuel Beiras ou Guillerme Vázquez- e a composición do seu Consello Nacional (con candidaturas de APU, Mais Galiza co Encontro Irmandiño e Movemento Galego ao Socialismo).


Castelo de Pambre

O sabor do viño do paisano

Sociedade 02/01/2012
  Envía a túa opinión

Saborear o viño elaborado con agarimo nas casas de Palas de Rei. Poderanno facer os visitantes que se acheguen á localidade  na que se ubica o castelo de Pambre, este xoves. Organízase a sexta edición da Festa do Viño do Paisano. Todo comezará co sorteo dunha viaxe a Mallorca entre as persoas que fixeron as súas compras nas últimas semanas nos comercios da vila.


Abraham Boba, Alondra Bentley, Jane Joyd, Mehnai e La Familia sumáronse á iniciativa

Os músicos galegos intercambian cancións por agasallos solidarios

Cultura 01/01/2012
  Envía a túa opinión

Cancións por agasallos. Este é o trato que nos propoñen os músicos galegos Abraham Boba, Alondra Bentley, Jane Joyd, Mehnai e La Familia. Eles poñen as cancións, temas dos seus correspondentes repertorios adaptados para a ocasión a un formato máis íntimo e para todos os públicos. Os que queiran escoitalos deben achegar os agasallos. O intercambio producirase este martes día 3, a partir das seis da tarde, na Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.


O grupo estrea o ano en Compostela

Mamá Cabra adiántase aos Reis Magos

Sociedade 26/12/2011
  Envía a túa opinión

O Auditorios do Colexio La Salle de Compostela albergará o día 2 de xaneiro un concerto de Mamá Cabra, o grupo de música infantil que mestura poesía,pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. O prezo da entrada ao concerto é de 2 €.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros