Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Capa do libro

A Terra Queima na Coruña

Sociedade 21/11/2013
  Envía a túa opinión

A AVV Atochas-Monte Alto, a Librería Sisargas e Edicións Xerais de Galicia convidannos á presentación do libro: "A Terra Queima" un proxecto  do compositor coruñés Lalo Carnota.  Ademais da súa música, inclúe un conto de Xurxo Souto, as ilustracións de Sesé Barreiro e as fotografías de Xulio Rey.

O acto, que contará coa participación dos autores, terá lugar o sábado, 23 de novembro, ás 19:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-A Torre no Parque de Marte, s/nº A Torre na Coruña.

 

 


Justo Beramendi será un dos ponentes

A UDC debate sobre a Literatura Galega do XIX

Sociedade 20/11/2013
  Envía a túa opinión

A sala Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da UDC acollerá o xoves, 21 de novembro, o workshop sobre Cronoloxía e periodización: a literatura galega do século XIX. Trátase dunha xornada organizada polo proxecto Croliga, que desenvolve o Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega, Grupo Illa, da Universidade da Coruña.


Cartaz do libro

Pescanova Crime Perfecto

Sociedade 18/11/2013
  Envía a túa opinión

Catro analistas políticos, Xoán Antón Pérez Lema, Domingo Belo Janeiro, Ricardo López Mosteiro e Valentín Carreira, daranse cita hoxe luns 18, a partir das 20 h., no Sporting Casino da Coruña para compartir un coloquio aberto con motivo da presentación do libro "Pescanova Crime Perfecto", de Valentín Carreira.


Rafael Moneo na exposición da Coruña

A soedade dos edificios de Rafael Moneo na Coruña

Sociedade 18/11/2013
  Envía a túa opinión

As suas diferentes etapas e influencias, a sua concepción da soedade dos edificios, están patentes na mostra de Rafael Moneo na Coruña. O arquitecto defende a persoalidade de cada obra, en moitos casos aillandose do entorno. As maquetas de 18 edificios, amósanse na exposición na Fundación Barrié na Coruña. Tamén se incluen 142 fotografias e 94 debuxos orixinais.


Cartaz do novo disco

Patricia Kraus presenta na Coruña o novo traballo Retrocollection

Sociedade 12/11/2013
  Envía a túa opinión

A cantante, filla do tenor Alfredo Kraus, presenta o seu último disco Retrocollection este sábado 16 ás 20.30 horas. No concerto interpretará versións de clásicos do soul, jazz e blues. Estará acompañada do pianista italiano Gherardo Catanzaro. Ademais de presentar Retrocollection, interpretará temas do seu anterior traballo Vintage Fun Club e presentará, en primicia, tema do seu último traballo DivaJazz. Será o seu único concerto en Galicia. A programación da fín de semana no Teatro Colón, complétase coa obra " Hermanas", interpretada por Amparo Larrañaga, María Pujalte e Marina San José, o venres 15 ás 20.30 horas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros