Envía a túa opinión
O que fora médico rural, coñecido como Don Cirilo- Cirilo de Mendiola crespo- terá dende mañá sábado unha das prazas da vila de Redes-A Coruña, lugar no que exercía a súa profesión e na que moitos veciños e veciñas, propuxeron á alcaldía poñer o nome do médico a ese espacio.
Envía a túa opinión
O deputado do BNG Francisco Jorquera falará este venres no acto en lembranza de Moncho Reboiras, militante da UPG abatido pola Policia franquista en Ferrol o 12 de agosto de 1975. Os nacionalistas honrarán a figura de Reboiras nun acto que comezará ás sete e media da tarde na Praza de Armas.
Desde alí partirá cara o número 27 da rúa da Terra, facendo alí unha ofrenda froral. Retornarán logo a diante da Casa do Concello, onde intervirá o parlamentario do Bloque.
Envía a túa opinión
Cos almerienses “Los Summers”, comeza esta noite do 11 de agosto, a XIII edición do Festival Felipop, na parroquia de Limodre (Fene). Dende o seu nacemento en 1998, o Felipop foi acadando unha maior relevancia no panorama musical, converténdose xa nun referente no calendario de festivais veraniegos da comarca e de Galicia, estando incluído na lista dos 20 festivais “Galicia ao vivo”.
A primeira actuación, esta noite será a dos almerienses "Los Summers"en casa Ardá.
Envía a túa opinión
Un concerto gratuíto do mítico grupo local Los Limones porá mañán o broche de ouro a todo un dia de actividades dirixido á mocidade. Un venres diferente en Ferrol para conmemorar o día internacional da xuventude.
Envía a túa opinión
O cañoneiro Paz deu moita guerra. A súa botadura realizouse nos estaleiros de Ferrol o 10 de agosto de 1881, convertindose no primeiro barco con casco de ferro da construción naval española. Viviu só 8 anos antes de afundirse nas inmediacións de Cádiz. Antes interveu no salvamento dos náufragos do vapor Gijón acontecido fronte ás illas Sisargas en Malpica en 1884.