Envía a túa opinión
A responsable da Área de Benestar Social, Rosa Martinez Beceiro, deu conta esta mañá na Comisión Informativa de Benestar Social, Igualdade e Xuventude do borrador das bases que rexerán a nova convocatoria para a concesión de becas de comedor para o curso 2011-2012. Este ano e, como novidade, incorpora a ampliación das achegas a todos os escolares do termo municipal que cumpran cos requisitos establecidos nesta convocatoria, independentemente da orixe do seu centro de procedencia.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Barallobre mergúllase, a partir deste sábado, en catro días de festas para honrar ao seu patrono, o Santiago Apóstolo. Tras dous anos sen festas patronais, unha xove comisión leva un ano traballando arreo para que os veciños/as de barallobre poidan agora disfrutar duns grandes festexos. Para ir abrindo boca, este sábado celebrarase unha gran paella. A xornada gastronómica comeza a partir das nove da noite.
Envía a túa opinión
Seguindo o lema de “Planta de gas fora da ría”, o vindeiro venres 22 de xullo, celebrarase a V Marcha a pé dende o concello de Ferrol ata Mugardos.
Envía a túa opinión
A Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol denunciou, diante da Consellería de Medio Ambiente, que no que vai de verán non se respectou o caudal ecolóxico do Rego San Bartolomé (Concello de Monfero), tributario do Río Eume, sendo responsable dos feitos a empresa que xestiona a Central Hidroeléctrica do Parrote, que, como ocorre todos os anos, ten a obriga de pechar esta central ao comezo do verán, co obxectivo de asegurar o caudal ecolóxico ao rego, para o que é preciso pechar as comportas que desvían, durante o resto do ano, parte do caudal do Rego San Bartolomé cara a canle que subministra auga á central. A avaría dunha comporta semella ter sido a causa de que non se repuxese a auga ao leito orixinal, e que a auga acumulada no vaso de descarga saíse por unha comporta e baixase directamente cara o Eume pola ladeira do val producindo un importante efecto erosivo.
Envía a túa opinión
O BNG de Fene organiza este sábado unha andaina polos centros de ensino público do concello en protesta polos recortes sufridos por parte da Xunta. Con inicio na Escola Unitaria de Sillobre, realizarase un percorrido polos colexios públicos do Concello rematando na escola de Limodre, onde se fará unha parada para xantar no lugar da Hortiña.