Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

A Deputación e o Concello de Lugo impulsan a 5ª edición da Feira Artemur

Artemur, unha mostra dos traballos de mulleres emprendedoras no rural

Sociedade 10/03/2012
  Envía a túa opinión

O 17 de marzo inaugúrase en Lugo unha nova edición da Feira Artermur, unha nova proposta enmarcada nos actos de conmemoración do Día Internacional das Mulleres. Unha mostra que naceu hai cinco anos grazas ao esforzo de FADEMUR (Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales), organismo que traballa en prol do recoñecemento do papel que desempeñan as mulleres na estabilidade e o desenvolvemento do rural. Con estes traballos as emprendedoras tentan facer visible a súa labor e boas prácticas, conxugando as técnicas de oficios tradicionais coa innovación, ben nos seus deseños, ben na planificación dos seus negocios.

 


Os presidentes da Deputación de Lugo e de Preescolar na Casa

Preescolar na Casa loita contra o despoboamento no rural

Institucional 21/01/2012
  Envía a túa opinión

O Presidente da Deputación de Lugo e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, e a Presidenta da Fundación Preescolar na Casa, María Soledad Fernández Rocha, renovaron o convenio de colaboración para a elaboración de programas de radio e produtos audivisuais co obxectivo de contribuír a difundir o labor que está a desenvolver esta entidade sen ánimo de lucro e completar a formación práctica dos bolseiros da Escola de Imaxe e Son de cara a súa inserción laboral. Grazas a este convenio, a TIC aporta as súas instalacións e medios técnicos, así como un equipo de profesionais e bolseiros, para a elaboración do programa educativo que Preescolar na Casa emite nalgunhas radios galegas.


Pódese visitar en Lugo a mostra “Entre Marbella e Torremolinos”

A cámara de Xosé Reigosa adéntranos no psiquiátrico de Castro de Rei

Cultura 06/01/2012
  Envía a túa opinión

Entre Marbella e Torremolinos titúlase a mostra fotográfica que podemos visitar, ata o 29 de febreiro, na sala de exposicións da Deputación de Lugo. As imaxes de Xosé Reigosa, lonxe de levarnos a puntos turísticos da costa mediterránea, adéntrannos no Hospital Psiquiátrico San Rafael de Castro de Rei. O título fai referencia ás areas de descanso do centro: Marbella é o nome que recibía o pavillón-solaina das mulleres e Torremolinos, o dos homes.


A columna de fume vese desde gran parte da cidade das murallas

Aparatoso incendio na Milagrosa en Lugo

Sociedade 29/12/2011
  Envía a túa opinión

Un incendio de grandes dimensións declarouse pouco despois das catro da tarde na zona da Milagrosa, entre as rúas Mallorca e Menorca en Lugo. Ao parecer, o foco de lume localízase nun patio entre varios edificios, onde hai un almacén, polo que podería haber varios inmobles afectados. Varias ambulancias desprazáronse tamén ao lugar dos feitos, dado que podería haber varios intoxicados pola gran columna de fume, que pode verse desde practicamente todo Lugo. Os bombeiros confirman que agardan poder controlar o lume antes de que chegue a noite.


Capa do libro editado polo Pichel arredor do Apalpador

O Apalpador nun “Nadal sen código de barras”

Sociedade 23/12/2011
  Envía a túa opinión

Outro Nadal é posible. Un que non sexa só consumista, senón que aposte por educar aos nenos no valor da reciclaxe, do feito a man, no valor do non mercado. Un Nadal “sen código de barras”, como gustan dicir no centro sociocultural compostelán A Gentalha do Pichel, que personifica esa mudanza do paradigma das festas na figura do Apalpador. Tras moitos anos esquecida, este colectivo traballou pola súa recuperación. A iso contribúe agora o libro “Teoría de inverno, os presentes do Apalpador” que se vén de presentar e cuxa recadación servirá para financiar a escola de ensino galego Semente.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros