Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe dun dos mitins

Ares inicia a súa campaña electoral centrando a súa atención no rural

Sociedade 10/05/2011
  Envía a túa opinión

O candidato socialista á alcaldía de Boiro, Juan Jesús Ares, quixo iniciar a súa campaña ás eleccións municipais 2011 centrando a súa atención nas necesidades e inquedanzas dos habitantes do rural boirense, con sendos mitins celebrados o sábado e o domingo pasados, nos centros sociais de Cures e Macenda respectivamente.


No Barbanza tamén asinará exemplares do seu libro ‘Cien españoles y el Príncipe’

O xornalista José María Íñigo padriño do Club Exxpopress

Sociedade 09/05/2011
  Envía a túa opinión

O popular xornalista e presentador de televisión José María Íñigo asistirá, o vindeiro mércores 15 de xuño na Pobra do Caramiñal, á gala de presentación do Club Exxpopress. Trátase dun colectivo cultural de ámbito autonómico creado e promovido por xornalistas, pero aberto a toda a sociedade. Na cea-gala, na que Íñigo será nomeado Padriño do Club, terá lugar a partir das 21.30 horas no restaurante A Terraza de Chicolino. Durante a velada o coñecido xornalista a primeira Insignia de Ouro do Club.


Protesta en contra das gaiolas de salmón

Os mariñeiros de Muros e Noia manteñen a súa oposición ao cativerio do salmón

Sociedade 06/05/2011
  Envía a túa opinión

A Xunta cualifica de "pouco responsable" a decisión das confrarías de Muros e Noia e da Asociación de Bateeiros Muros-Esteiro de negarse a participar na comisión de seguimento das gaiolas de salmón. Os profesionais da ría continúan coa súa oposición ao proxecto de acuicultura de salmón en cativerio que vai desenvolver a empresa North West Food co apoio da Consellaría do Mar.


A visita desenvolverase a fin de semana do 22 ao 24 de xullo

Castela e León, obxectivo do programa cultural Xeiras

Sociedade 06/05/2011
  Envía a túa opinión

O Centro Arqueolóxico do Barbanza (Concello de Boiro) e a Asociación de Amigos, xunto coa colaboración da Deputación da Coruña está programando unha nova edición do programa cultural Xeiras, que nesta ocasión vai ter como destino Castela e León. O programa que vai a desenvolverse durante o fin de semana do 22 ao 24 de xullo, visitará o recentemente inaugurado Museo das Vilas Romanas e o xacemento arqueolóxico da vila romana de Almenara-Puras (Valladolid), que constitúe un dos centros de interese turístico máis relevantes de Castela e León no que se refire a complexo museísticos e revalorización do patrimonio arqueolóxico, e que está promovido pola Deputación de Valladolid.


Pose rexeita a proposta do PP de destinar Fexdega exclusivamente a deporte de base

O socialista Modesto Pose defende o papel dinamizador de Fexdega en Vilagarcía

Institucional 05/05/2011
  Envía a túa opinión

O parlamentario socialista Modesto Pose sinala que a proposta do PP de destinar Fexdega exclusivamente a deporte de base resulta “incompatible co seu papel como dinamizador da actividade económica de Vilagarcía”. Nunha pregunta oral á Xunta debatida no Pleno do Parlamento, Pose apostou por compatibilizar as “actividades deportivas eventuais” co calendario feiral.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros