Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

O grupo estrea o ano en Compostela

Mamá Cabra adiántase aos Reis Magos

Sociedade 26/12/2011
  Envía a túa opinión

O Auditorios do Colexio La Salle de Compostela albergará o día 2 de xaneiro un concerto de Mamá Cabra, o grupo de música infantil que mestura poesía,pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. O prezo da entrada ao concerto é de 2 €.


Miguel Arias Cañete, novo ministro de Agricultura

Os sindicatos agrarios piden a Arias Cañete que cumpra co compromiso de “garantir rendas dignas aos agricultores”

Institucional 24/12/2011
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego (SLG) agarda que o novo ministro “faga caso ás palabras de Rajoy durante o debate de investidura, nas que dixo que era necesario realizar as reformas para concluír coa inestabilidade das rendas dos agricultores”. Para iso, o sindicato considera que “só hai un camiño: unha PAC que estableza sistemas de control da produción para que a oferta se adecúe á demanda e non haxa excesos de produción que boten por terra o valor dos produtos agrarios”. Tamén lle demanda que cre mecanismos para fixar prezos en orixe que cubran os custos de produción e deixen unha renda digna nas explotacións, e que free o proceso de liberación dos mercados, que só favorece á ditadura das grandes multinacionais e industrias do sector.


Logotipo da campaña

Comeza a campaña Vitaminas para o galego

Sociedade 16/12/2011
  Envía a túa opinión

"Vitaminas para o Galego" é unha nova iniciativa de dez medios de comunicación en lingua galega que bota a andar mañá cunha presentación pública  en Arzúa. Os organizadores destacan que "se queremos que haxa transmisión xeracional da lingua, é imprescindible contar con medios a usen, a difundan e a prestixien".


Feira ecolóxica Terractiva

A feira ecolóxica reverdece en Arzúa

Sociedade 07/12/2011
  Envía a túa opinión

O mercado ecolóxico máis grande de Galicia volve un ano máis a Arzúa coa Feira Ecolóxica. Os días 17 e 18 de decembro celebrarase a oitava edición deste evento que xa adquiriu proxección estatal e internacional, ademais de ser un referente imprescindible na comarca e no país.


Foto: J.E. (El Correo Gallego)

A Policía desaloxa a sala Yago

Sociedade 23/11/2011
  Envía a túa opinión

A Policia desaloxou este meiodia a sala Yago de Santiago de Compostela, ocupada por colectivos que reclaman a utilización cultural do antigo cine. As forzas de seguridade tomaron posicións na rúa do Vilar desde as 11 da mañá entrando no edificio arredor das duas da tarde e levando detidas ás 11 persoas que se atopaban no interior. Posteriormente realizaron cargas para disolver a grupos de xente que se concentraba nas inmediacións e amosaba a súa solidaridade cos desaloxados.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros